Olimpíada Solidaria: un euro para Ecuador e Congo por cada hora de estudo

A USC celebra ata o 5 de decembro a 17ª edición desta iniciativa, na que as entidades patrocinadoras colaboran mediante a participación do alumnado

O Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC (SEPIU) e a Fundación Coopera impulsan ata o vindeiro 5 de decembro a XVII Olimpíada Solidaria de Estudo, unha acción de educación para o desenvolvemento e de sensibilización na que pode participar o alumnado da USC nos seus campus de Santiago e Lugo. Baixo o lema ‘Estou onde podo axudar’, por cada hora de estudo, as entidades patrocinadoras destinarán un euro para apoiar proxectos educativos en Ecuador e O Congo.

Entre os obxectivos destes proxectos educativos están lograr formación profesional e persoal para 220 mulleres emprendedoras na provincia de Manabí en Ecuador, unha das máis afectadas no terremoto de 2016; así como a capacitación agrícola e apoio ás actividades comerciais das 463 mulleres integrantes da Plataforma Ecolo Femmes en Kivu Sur (O Congo) son as dúas causas ás que se destinarán os fondos recadados.

Publicidade

Para facer o cómputo total das horas habilitouse, como en anos anteriores, un terminal informático, no que o estudantado ten que introducir a Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI), no momento de entrar á sala e ao saír.

Na pasada edición da Olimpíada, a USC acadou 37.535 horas de estudo en Santiago e 9.928 no de Lugo

Dende o SEPIU, destacan que a USC é unha das entidades do Estado español que máis cartos recadou na Olimpíada do curso pasado e agardan que na edición deste ano volvan repetirse estes positivos resultados. Grazas á colaboración de 2.802 estudantes (952 homes e 1.850 mulleres), a décimo sexta edición da Olimpíada Solidaria de Estudo recadou en 2018, nas súas 18 bibliotecas, un total de 44.463 euros.

Publicidade

Na edición do ano pasado, no campus de Compostela acadáronse 37.535 horas de estudo, coa Biblioteca Concepción Arenal á cabeza, e no de Lugo 9.928. En terceiro, cuarto e quinto lugar, quedaron as facultades de Física, Filoloxía e Matemáticas, esta última cun aumento considerable de participación con respecto ao ano pasado. Para obter máis información sobre esta iniciativa, pode contactarse co SEPIU no 881 812 858 ou por correo electrónico no enderezo sepiu.santiago@usc.es.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos

Galicia presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o uso do galego na IA

O Proxecto Nós, impulsado pola USC, amosa os resultados iniciais de “Arena Nós”, que analiza como os grandes modelos comprenden, xeran e representan a lingua

De campamento neandertal a enterramento: os achados das escavacións en Cova Eirós e Monte Penedo

Os traballos, liderados dende a USC, permiten descubrir restos óseos infantís e adultos e amplían os períodos de ocupación humana das cavidades