O furacán ‘Helene’ pode chegar a Galicia o luns 17 de setembro

Mentres o furacán ‘Florence‘ avanza cara aos Estados Unidos, o seguinte na lista, o ‘Helene‘, podería dar a sorpresa. E dirixirse en dirección contraria cara a Europa, como aconteceu co furacán ‘Ofelia’ en outubro de 2017. E non é unha predición remota, senón que está feita polo organismo oficial europeo que publica os modelos meteorolóxicos a medio prazo. Trátase da ECMWF, unha organización intergubernamental participada por 21 países europeos e 13 estados asociados. E que, dende a súa sede en Reading (Reino Unido), din hoxe que existen serias probabilidades de que ‘Helene’ impacte contra as illas británicas e pase diante da costa de Galicia e Portugal.

Modelo de avance de 'Helene'.
Modelo de avance de ‘Helene’.

Os meteorólogos da ECMWF dan unha data: o vindeiro luns, 17 de setembro. Así aparece nos modelos dos que podemos ver diferentes mapas. ‘Helene’ está agora situado fronte ás costas de África, á altura de Cabo Verde, e a predición europea sinala que podería dirixirse cara ao Norte, barrendo a costa de Portugal e Galicia para dirixirse directamente ás costas de Francia e Reino Unido.

Publicidade

A predición a medio prazo non permite ter unha certeza. De feito, o Global Forecast System (GFS) do organismo dos Estados Unidos que fai estes modelos, apunta noutra dirección. Segundo o GFS, o furacán ‘Helene’ non se dirixirá cara a América, pero quedará situado no medio do Atlántico, estable nunha zona próxima ás illas Azores.

Modelo para Helene do GFS.
Modelo para Helene do GFS.

A posible chegada a Galicia de ‘Helene‘ recorda un fenómeno similar, o vivido co furacán ‘Ofelia’ en outubro de 2017. Aínda que finalmente non impactou contra as costas galegas, provocou un fenómeno meteorolóxico de fortísimos ventos, que unidos ás correntes de aire quente, contribuíron á vaga de incendios que se rexistrou no sur de Galicia, cunha importante devastación na área de Vigo e Baixo Miño.

Publicidade

Polo de agora, resta esperar a evolución das predicións. A medio prazo non existen certezas. Pero o modelo europeo di actualmente que o furacán ‘Helene‘ se dirixe a Galicia.

3 COMENTÁRIOS

  1. Alo Vicente:

    Si no se puede escribir que el Ofelia causó fortísimos vientos que hay que poner?

    Vientos más fuertes que el pedo de una lombriz?

    Saludos

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O ‘cameo’ histórico de Castelao: as imaxes do rianxeiro no filme de ficción máis antigo de Galicia viaxan a Italia

O galego interpreta un pequeno papel como pastor protestante en ‘Miss Ledyia’, a película de 1916 que será proxectada no festival de cine mudo de Pordenone

Detrás do ‘biotech’ galego

Unha xornalista de GCiencia viaxa a Bilbao con motivo de BioSpain 2026. Por Andrea Veiga

Así é ImageDataSpace, a rede galega de imaxes médicas para acelerar a investigación e o diagnóstico

A iniciativa conecta centros, universidades e profesionais sanitarios para desenvolver novos algoritmos baseados en IA en cardioloxía, anatomía patolóxica e oftalmoloxía

Galicia presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o uso do galego na IA

O Proxecto Nós, impulsado pola USC, amosa os resultados iniciais de “Arena Nós”, que analiza como os grandes modelos comprenden, xeran e representan a lingua