Unha fuga radioactiva en Narón obriga a parar a produción de aceiro en Megasa

O Consello de Seguridade Nuclear asegura que non hai impacto ambiental, dado que as medidas de radiación fóra da instalación presentan valores habituais

A empresa Megasa Siderúrxica, situada en Narón, detectou o 8 de xuño unha fuga dunha fonte radioactiva de Cesio-137 nun forno de arco eléctrico destinado á produción de aceiro. Seguindo o procedemento, a empresa comunicou ao Consello de Seguridade Nuclear (CSN) o acontecido. Esta situación obrigou a parar a produción en Megasa.

“De maneira inmediata, o organismo regulador levou a cabo as comprobacións pertinentes a través da súa rede automática de estacións de vixilancia radiolóxica, confirmando que o suceso non tivera repercusión para o medio ambiente, posto que as medidas de radiación fóra da instalación presentaban valores habituais”, segundo informa o CSN nun comunicado.

Publicidade

Como se identificou?

Ao parecer, o incidente foi identificado polos pórticos de detección, ao producirse unha alarma de radioactividade durante a saída dun camión cargado con po de depuración. Ante este feito, o persoal da instalación detivo a produción de aceiro e a saída de produtos da instalación, seguindo o Procolo de colaboración sobre a vixilancia radiolóxica dos materiais metálicos.

Despois de informar ao CSN, Megasa iniciou as xestións necesarias para realizar unha caracterización radiolóxica da planta e comprobar o grao de afectación. Actualmente, a empresa ten parada a produción de aceiro e o sistema de extracción de po de fume, á vez que os materiais contaminados se atopan illados e acordoados no interior da instalación.

Publicidade

O CSN enviou o pasado luns un inspector á instalación para comprobar a situación e para poder autorizar a saída dos materiais que non resultaron contaminados. Despois da revisión, o organismo vai requirir a Megasa que comprobe que “ningún traballador se viu afectado e que elabore un plan para a limpeza e descontaminación da instalación”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Unha investigación da USC profunda na figura da “adúltera castigada” do Pórtico de Praterías

O profesor José María Anguita Jaén vén de publicar unha extensa análise sobre a imaxe da muller cun cranio no colo que xa é mencionada no ‘Liber Sancti Iacobi’

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a oceanógrafa Aida Fernández Ríos

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento

Un proxecto galego mellora a detección da deterioración cognitiva mediante análise de sangue 

Unha investigación do IDIS estuda novos biomarcadores para avanzar cara a unha detección máis temperá e un seguimento personalizado