Así se forma o ciclón bomba que afectará a Galicia a partir do mércores

O meteorólogo Juan Jesús González Alemán apunta que o impacto desta borrasca será moi parecido a un furacán en termos de vento

Ciarán é unha cicloxénese explosiva que impactará en Galicia a partir do mércores. Provocará precipitacións intensas, ventos furacanados e temporal marítimo. Este fenómeno prodúcese cando a presión cae drasticamente, o que manterá a Galicia nunha situación de inestabilidade atmosférica durante o Día de Todos os Santos. A chuvia non dá tregua na comunidade e non se visualiza a fin deste longo episodio pola sucesiva concatenación de frontes. Neste caso, falamos dun ciclón bomba, un concepto que non escoitamos por primera vez. O meteorólogo Juan Jesús González Alemán explica que o impacto desta borrasca será moi parecido a un furacán en termos de vento. “O principal motivo da súa fortaleza é que sofre un proceso de seclusión cálida, onde o aire húmido e cálido é advectado cara o centro da borrasca”, apunta.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) explicou nun fío de Twitter que Ciarán “é unha borrasca que se profunda rapidamente en pouco tempo”. O ciclón é unha circulación que xira no mesmo sentido que a Terra. No Hemisferio Norte, a circulación é antihoraria e no Hemisferio Sur, horaria. O proceso de formación do ciclón, comenta a organismo, chámase “cicloxénese”, e cando a intensificación é moi rápida se lle engade o termo “explosiva”, como no caso de Ciarán.

Publicidade

Cando se considera a unha cicloxénese explosiva? Depende se a borrasca supera os limiares da presión atmosférica nun período de tempo. En Meteored apuntan que Ciarán chegou aos 29 hectopascales (hPa) en 24 horas, cando o limiar para a súa latitude debería estar situado entre os 18 e os 20 hPa en 24 horas. Co cal, a presión mínima de Ciarán baixará dende os 992 hPa ata os 963 hPa en apenas 24 horas.

AEMET apunta que a Península Ibérica é unha rexión de baixa probabilidade destes eventos (entre un e dous ao ano). “As correntes cálidas aportan calor latente e intensifican o movemento vertical nas borrascas e reducen a estabilidade, debido á evaporación da auga, que é máis fácil nos lugares máis cálidos. O rápido desenvolvemento xera precipitacións máis fortes“. Con todo, o conxunto da chuvia non será tan elevado como o que produciron as borrascas Aline e Bernad en Galicia, xa que as frontes que entrarán por Galicia xa abandonaron as características tropicais e subtropicais que lle aportaban humidade.

Esta chuvia poderá converterse en neve por enriba dos 1.000 metros

O vapor de auga desprázase polos océanos a través dos ríos atmosféricos e estes reforzan aos ciclóns. De feito, foi un río atmosférico o que puxo fin á calor en Galicia e aos récords de temperatura de outubro. AEMET lembra cicloxéneses explosivas doutros anos como as borrascas Klaus en 2009, Xynthia en 2010 ou Fabien e Miguel en 2019, que tiveron un forte impacto en España. En definitiva, dende o mércores agárdanse refachos de vento de 150 quilómetros por hora e ondas de 13 metros no noroeste da comunidade. Na fin de semana poderán superarse os 200  l/m² no oeste e esta auga poderá converterse en neve por enriba por 1.000 metros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que tempo irá en Galicia en Semana Santa? Isto apuntan os primeiros prognósticos

A AEMET sinala que non se poden descartar chuvias no terzo norte pero advirte que a predición pode "variar considerablemente" nos próximos días

Da borrasca Regina a máximas de 22 graos: por que Galicia vivirá unha semana de tempo tan cambiante?

Unha valgada achegarase dende o Atlántico a partir do xoves e provocará un brusco descenso térmico e unha elevada probabilidade de precipitación en toda Galicia

Das inundacións de 1571 a Hortensia: seis episodios de chuvia extrema na historia de Galicia

Os rexistros da AEMET indican que a cidade da Coruña rexistrou 31 días seguidos de precipitacións en decembro de 1935

Temporal sen tregua: o tren de borrascas garante outra semana de fortes chuvias sen previsión de amainar

Un novo sistema de baixas presións nomeado Leonardo provocará tempo inestable, cando menos, ata o martes 10 de febreiro