Pódcast | O CIM desvela por que o espertar sexual dos bocartes afecta as correntes oceánicas

Falamos coa investigadora Beatriz Mouriño, que lidera o equipo que gañou o IG Nobel de Física polo seu estudo sobre o sexo das anchoas

Estreamos o primeiro episodio de Todas as correntes levan ao CIM, un pódcast de GCiencia en colaboración co Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo para afondar coa sociedade no coñecemento do mar. Neste primeiro capítulo, a ‘Corrente I’, falaremos da biodiversidade e servizos ecosistémicos coa investigadora Beatriz Mouriño, que lidera o equipo que gañou o IG Nobel de Física polo estudo sobre o sexo das anchoas.

A diversidade biolóxica xoga un papel moi importante na capacidade dos ecosistemas mariños para regular o clima e manter o equilibrio. Polo tanto, o coñecemento da estrutura e dinámica das comunidades mariñas son clave para o aproveitamento sostible dos ecosistemas. Desta maneira, o CIM enfoca parte dos seus estudos nesta corrente ou ámbito, estudando ata como o mínimo cambio pode ter grandes repercusións no medio ambiente. Porque… quen podería imaxinar que o espertar sexual dos bocartes ía esperar o noso interese?

Publicidade

Así foi cando o mundo mirou para Vigo. O galardón que recibiu o equipo do CIM foi a demostración do interés que pode ter un estudo máis alá da comunidade científica e de como un resultado obtido por casualidade poder ser de gran importancia. A investigación revela que os peixes contribúen á produción de turbulencia e mestura oceánica nas rexións costeiras, polo que o papel que xogan na distribución de calor, nutrientes e osíxeno é máis importante do que se pensaba. Os medios de comunicación falaron de como o espertar sexual dos bocartes afectaba as correntes oceánicas e que, polo tanto, a produción de turbulencias nas noites provocada polos peixes, ía ter consecuencias.


Episodio realizado por Víctor López

Publicidade

Edición: Carlos Tresandí


Escóitao nas plataformas de pódcast: Spreaker, Spotify, Ivoox, iHeart, Deezer, Podcast Addict, JioSaavn e Podchaser.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Científicos galegos crean unha ferramenta dixital para mellorar a sostibilidade da pesqueira do ourizo de mar

A creación do CIM-UVigo permite identificar riscos que afectan ao futuro do recurso mariño, actualmente en situación crítica

O océano do futuro estúdase en Vigo: dúas décadas construíndo un referente europeo da investigación mariña

O Centro de Investigación Mariña da UVigo celebra o seu décimo aniversario xunto ao vixésimo da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla. Por Daniel Rey, do CIM

Vinte graos en maio

O clima aumenta a temperatura do mar en Galicia ata acadar valores anómalos no mes de maio. Por Andrea Veiga

Congro, ostra e vieira: máis de 60 especies están afectadas polo cambio climático nas Rías Baixas

Unha investigación do Centro de Investigación Mariña analiza o impacto presente e futuro dos episodios meteorolóxicos extremos sobre a fauna mariña galega