As feridas dun verán de incendios, a vista de satélite

Miles de hectáreas arrasadas en Galicia nos dous últimos meses, co Courel, Valdeorras e o Invernadeiro como grandes afectados

Agosto está a piques de chegar á súa fin. Inevitablemente, o remate do verán tamén está cada vez máis preto. Uns meses marcados por unha acusada falta de precipitacións, unha intenta seca e, en xeral, unhas temperaturas máis elevadas do habitual. Un cóctel perfecto para un escenario nefasto ao que Galicia, por desgraza, está máis acostumada do que debería: os incendios. Os lumes arrasaron miles e miles de hectáreas. Dous deles, de feito, xa son considerados os peores da nosa historia dende que hai rexistros. Son os incendios que arrasaron O Courel e a zona de Valdeorras. Pero hai outros moitos lugares que se viron afectados polos lumes. Entre algúns dos máis hectáreas destruíron: Vilariño de Conso, Boiro, Laza, Lobeira, O Irixo… E tantos outros.

A gran onda de incendios do que vai de ano produciuse a mediados de xullo. As súas feridas son facilmente visibles a través das imaxes de satélite, como as que ofrece o Sistema Europeo de Información sobre Incendios Forestais (EFFIS, polas súas siglas en inglés). Despois dunha tormenta explosiva e inesperada, miles de raios provocaron lumes en zonas inaccesibles ou de orografía complicada. Os grandes afectados foron os espazos protexidos, como O Courel. Estímase que se queimou unha terceira parte do parque natural, posto que foron 11.100 as hectáreas arrasadas. Un lume que, durante días, se tornou incontrolable, ata que ficou extinto o 28 de xullo.

Publicidade

O peor do verán foi o do Courel, con 11.100 hectáreas arrasadas

Relativamente preto do Courel, outra importante área natural quedou danada. Un lume, cuxa orixe tamén estivo nos raios da tormenta explosiva de xullo, afectou especialmente a Carballeda de Valdeorras. O balance final: 10.500 hectáreas e a Serra da Enciña da Lastra, outro espazo natural tamén ferido. A este segundo gran incendio seguiuno de preto o de Vilariño de Conso con 6.500 hectáreas afectadas e outro espazo protexido tremendamente danado: o Invernadeiro. Estes dous grandes lumes, situados no podio dos máis devastadores deste verán, coincidiron no tempo e tamén quedaron extintos hai aproximadamente un mes.

Os lumes de agosto

No que respecta a agosto, unha das zonas máis afectadas foi o Barbanza, con Boiro á cabeza. Un lume que comezou o xoves 4 arrasou 2.200 hectáreas, o peor dende que comezou o mes. Tamén o incendio de Laza e Chandrexa deixa máis de dous milleiros de hectáreas queimadas. Os seguintes na lista son o do Irixo, con 680, e o de Lobeira, con 625,5 hectáreas. O máis salientable deste último é que, tal e como aconteceu en xullo, un parque natural de altísimo valor medioambiental se viu afectado: o de Baixa-Limia-Serra do Xurés.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Arden máis os espazos protexidos? Cando os datos non xustifican o relato

Os estudos dispoñibles non demostran que a protección aumente o risco de incendio nin que unha maior intervención sobre a vexetación sexa a resposta

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Dos incendios ao mar: Galicia converte a cooperación territorial nunha ferramenta fronte a grandes retos

Máis de 60 asistentes participan en Santiago nunha xornada organizada por Feuga que reuniu proxectos europeos sobre lumes, innovación, sostibilidade mariña e turismo

Que pasa despois das chamas: a recuperación do monte tras un incendio forestal

No que levamos de ano e ata o 20 de agosto, arderon en España 262.000 hectáreas, fronte á media de 105.600 hectáreas queimadas de 2015 un 2024