Achan a evidencia máis antiga de fauna glacial na península ibérica

Un dente fósil de reno demostra que estes animais vivían en Atapuerca fai máis de 200.000 anos xunto a seres humanos primitivos, atraídos cara a esta zona de Eurasia polas glaciacións sobre o clima

Un dente fósil recuperado no xacemento de Galería, serra de Atapuerca (Burgos), é a proba que confirma que os renos (Rangifer) vivían nesa zona da península ibérica fai entre 243.000 e 300.000 anos.

Trátase dun dos restos de reno atopado máis ao sur de Eurasia e tamén é o rexistro máis antigo de fauna glacial da Península. Que houbese especies adaptadas ao frío como os renos nestas latitudes, permite saber que nese momento as condicións climáticas eran glaciais.

Publicidade

O fósil atopouse na unidade GIIIa de Galería, na mesma capa que un fragmento cranial humano e numerosos restos de industria lítica, o cal confirma que a especie conviviu con seres humanos primitivos.

Este descubrimento, liderado por investigadores do Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN-CSIC) demostra que a fauna glacial estendíase pola península ibérica, e que do mesmo xeito que outras penínsulas meridionais de Europa, serviu de refuxio para especies non adaptadas ao frío.

Impacto sobre o clima

“Este fósil axúdanos a mellorar a datación dos niveis do xacemento, pero tamén evidencia a intensidade dos períodos glaciais que afectaron os poboadores da península durante o Pleistoceno”, explica o investigador do MNCN Jan van der Made.

“A presenza deste reno nesta latitude indícanos que o frío extremo puido afectar as condicións da fauna ibérica antes e de maneira máis intensa do que se pensaba ata a data”, continua o paleontólogo.

As últimas glaciacións que se produciron chegaron a expandir o ecosistema coñecido como “Estepa dos Mamuts”, no que habitaban non só estes grandes paquidermos senón tamén rinocerontes cabeludos e renos. Algunhas destas especies chegaron ata Madrid e mesmo Selecta, moito máis ao sur que Atapuerca.

“Este traballo pon de relevo a importancia de investigar os patróns bioxeográficos da fauna glacial, permitíndonos entender a capacidade de adaptación das poboacións humanas durante o Pleistoceno medio, fai entre 125 000 e 800 000 anos aproximadamente”, conclúe Ignacio Aguilar Lazagabaster, investigador do CENIEH.


Referencia: Southernmost Eurasian record of reindeer (Rangifer) in MIS 8 at Galería (Atapuerca, Spain): evidence for progressive south-ern expansion of glacial fauna across climatic cycles (Publicado en Quaternary)

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Descuberta unha salina romana no xacemento do Aguncheiro de Oia

Os arqueólogos escavan unha primeira área de 100 m2 de pavimentos e estruturas cuxa extensión estimada podería alcanzar os 4.000 m2

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Nace unha app de ciencia cidadá para o seguimento da agresiva alga asiática presente en Galicia

A ferramenta deseñada polo CSIC busca mellorar o coñecemento dunha especie invasora que apareceu nas costas galegas en 2024

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas