Dúas frontes traerán chuvia a Galicia na Semana Santa

As predicións de Meteogalicia e AEMET coinciden en que os días feriados serán para levar paraugas

A poucos días do inicio da Semana Santa, as predicións meterolóxicas xa non son aventuradas. E todos os modelos sinalan que Galicia vivirá uns días feriados pasados por auga, coa entrada de dúas frontes frías polo oeste do país.

Meteogalicia advirte que a semana comezará co paso dunha fronte, con alta probabilidade de chuvias. “O martes quedaremos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, á espera da chegada dunha nova fronte na xornada do mércores”. En conxunto, todo apunta a ceos cubertos e precipitacións para todos os días festivos.

Publicidade

As predicións coinciden coas que fai a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), que falan de chuvias xeralizadas en Galicia a partir do mércores 17 de abril, que se van manter ata o domingo de Pascua.

De feito, o tempo inestable no país vai comezar xa na noite deste sábado 13 de abril e, tras a pequena tregua que viviremos o martes 16, a Semana Santa non será no 2019 de praia, senón de paraugas.

Publicidade

Aquí podes consultar a predición para Semana Santa da AEMET

E aquí podes consultar a predición para Semana Santa de Meteogalicia

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego crea ferramentas para detectar a sarcopenia a partir de imaxes radiolóxicas lumbares

Unha iniciativa do IIS Galicia Sur analiza datos clínicos con IA para extraer biomarcadores arredor dunha enfermidade ligada ao envellecemento e o sedentarismo

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro