Descuberta unha nova especie de microalga na costa galega

O dinoflaxelado vive en sedimentos areosos e non supón un risco para o marisco nin para a saúde humana

Un equipo do Instituto Español de Oceanografía (IEO) acaba de descubrir unha nova especie para a ciencia: unha microalga mariña detectada en sedimentos areosos das costas de Galicia e Cataluña. Segundo o estudo publicado na revista Phycologia, Thecadinium brassicum non produce toxinas coñecidas, polo que se descartan riscos para os mariscos ou, incuso, para a saúde humana. Esta nova especie forma parte do extenso grupo dos dinoflaxelados, tamén responsables da espectacularidade do mar de ardora e das mareas vermellas.

Os investigadores do IEO de Vigo realizaron o estudo en colaboración co Institut de Ciènces del Mar (ICM-CSIC) e o Instituto de Investigacións Mariñas (IIM). O traballo conxunto logrou probar a existencia desta microalga, ata o de agora descoñecida para a ciencia, a través de mostras de area de distintos puntos da costa atlántica galega e a catalá mediterránea. En Galicia recolléronse durante o verán e o outono de 2023 e durante a primavera e o outono de 2024 en varias praias da marxe sur da ría de Vigo: Patos, Fortiñón, Canido e O Vao. Os sedimentos analizados de Cataluña datan de 2015 e 2016.

Publicidade

Para confirmar a existencia desta nova especie, o equipo do IEO empregou técnicas de microscopía, análises xenéticas e estudos de pigmentos e toxinas. Os resultados mostraron que, pese ao parecido que ten a microalga Thecadinium brassicum con outras especies do seu xénero, ten diferenzas morfolóxicas evidentes, e tamén de ornamentación da súa superficie, o que a converten nunha especie única. Tamén revelaron os exemplares recollidos en Galicia son de menor tamaño que os cataláns.


Referencia: Thecadinium brassicum sp. nov. (Dinophyceae): a sand-dwelling species from the Atlantic and Mediterranean coast of Spain (Publicado en Phycologia)

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Vigo rexistra as maiores concentracións de “contaminantes eternos” da costa atlántica peninsular

Un estudo do IEO-CSIC analiza a presenza de PFAS en mostras de moluscos recollidos dende Francia ata o Golfo de Cádiz

Un estudo alerta do declive de catro peixes migratorios en Galicia: “Ningunha das súas pesquerías é sostible”

Unha investigación recolle datos de 1997 a 2026 e certifica a drástica caída das poboacións de zamborca, lamprea, solla e anguía

Ata 44 toneladas de metano ao ano: así deixa a súa pegada o gas no fondo da ría de Vigo

Un novo estudo revela que este composto pode achegar un terzo do carbono presente nas cunchas de microorganismos bentónicos

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie