As mareas vermellas tóxicas aumentan nas rías galegas

Un equipo galego revisa a literatura científica sobre estes eventos dende comezos do século XX ata a data

A formación de mareas vermellas é un fenómeno natural observable a primeira ollada e ben coñecido pola súa recorrencia en Galicia. Débense a unha “explosión” no crecemento de determinadas algas microscópicas que medran nas rías galegas e que baixo determinadas condicións ambientais, con cambios de temperatura ou de correntes, produce un fenómeno natural que causa o crecemento descontrolado destes organismos. Agora, un equipo do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC), do Laboratorio Europeo de Referencia de Biotoxinas Mariñas (EURLMB, AESAN) e do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) vén de publicar un estudo que revisa a literatura científica sobre as mareas vermellas en Galicia dende comezos do século XX ata a data.

A revisión, que foi publicada na revista Environmental Science: Processes & Impacts, recompila o coñecemento dispoñible sobre estes eventos dende os primeiros rexistros históricos de mareas vermellas nas rías galegas. Francisco Rodríguez, investigador do IEO, director científico-técnico do EURLMB e primeiro autor do artigo sinala que en Galicia “os organismos que as producen, por regra xeral, non son tóxicos nin daniños para o medio mariño”. Con todo, nos últimos anos estanse a producir excepcións “como as mareas vermellas do dinoflaxelado Alexandrium minutum nas Rías Baixas, a última en 2023″, apunta o científico.

Publicidade

Cambios observados no fenómeno

Nas últimas catro décadas, o número de observacións permaneceu bastante constante, pero este estudo mostra un lixeiro aumento nas mareas vermellas causadas por dinoflaxelados (principalmente N. scintillans), que se ven favorecidos polas condicións de calma nas rías que resultan nunha maior estratificación e temperaturas máis altas. “Dado que é posible que os períodos de aumento de temperatura nas rías se volvan máis frecuentes e prolongados baixo o escenario actual de cambio climático, as mareas vermellas poderían ir en aumento”, apunta Rodríguez. 

O estudo mostra un aumento no número de mareas vermellas tóxicas excepcionais debido a A. minutum nos últimos anos, “o que podería desafiar o paradigma que sostén que as mareas vermellas en Galicia adoitan ser de natureza non tóxica e, por tanto, debería intensificarse a súa vixilancia“, apuntan os autores.

Publicidade

Neste novo traballo tamén se describen os tipos de coloración, os organismos responsables, a ocorrencia estacional e xeográfica e a súa asociación con outras características como especies nocivas, toxicidade e biolominiscencia. Tamén se inclúen os seus efectos, que poden ser xeneralizables a outras zonas similares do mundo. Ademais, abórdanse os retos sociais e propostas para mellorar o seguimento das mareas vermellas no futuro.


Referencia: Red tides in the Galician rías: historical overview, ecological impact, and future monitoring strategies. Environmental Science: Processess & Impacts (Publicado en Environmental Science: Processes & Impacts)

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Vigo rexistra as maiores concentracións de “contaminantes eternos” da costa atlántica peninsular

Un estudo do IEO-CSIC analiza a presenza de PFAS en mostras de moluscos recollidos dende Francia ata o Golfo de Cádiz

Cóntame que leva a túa perovskita, e direiche como contamina: alternativas para materiais emerxentes

O grupo de Inmunoloxía do CINBIO leva anos estudando a toxicidade na escala 'nano' co obxectivo de establecer un emprego seguro

Un estudo alerta do declive de catro peixes migratorios en Galicia: “Ningunha das súas pesquerías é sostible”

Unha investigación recolle datos de 1997 a 2026 e certifica a drástica caída das poboacións de zamborca, lamprea, solla e anguía

De Vigo a Xapón para estudar novas estratexias naturais contra as mareas vermellas

A investigadora Rocío Blanca Sújar explora o potencial das macroalgas no control tóxico das proliferacións de algas nocivas