#DACNaturalmente: a Deputación da Coruña presume de enclaves naturais

Este luns, 5 de xuño, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. E a Deputación da Coruña quere aproveitar esta data para dar a coñecer algúns dos enclaves naturais máis emblemáticos da provincia. Baixo a etiqueta #DACNaturalmente, a institución compartirá datos e curiosidades sobre algúns espazos como o complexo dunar de Corrubedo, que este ano cumprirá o 25 aniversario da súa declaración como Parque Natural; as 9.000 hectáreas de extensión da “xoia verde” da provincia: as Fragas do Eume, o bosque atlántico mellor conservado de Europa, ou a biodiversidade de flora e fauna autóctona que habita nos 17 concellos que conforman a Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

A provincia da Coruña conta, no seu conxunto, cun total de 18 lugares de importancia comunitaria (LIC), incluídos na Rede Natura. Nesta categoría figuran a Costa da Morte, Estaca de Bares, a Costa Ártabra, o Esteiro do Tambre, a Costa de Dexo (Oleiros), Monte Pindo (Carnota), ou o encoro de Cecebre; e 4 Zonas de Especial Protección de Aves (ZEPA) en Corrubedo, Ferrolterra-Valdoviño, Ortigueira- Ladrido e Costa da Morte.

Publicidade

A Deputación investiu 5 millóns nun Plan de Medio Ambiente

“É unha inmensa riqueza natural que dende a Deputación estamos axudando a preservar e divulgar”, afirmou o deputado responsable da área de Medio Ambiente, José Manuel Pequeño, que subliñou a importancia de “sensibilizar á cidadanía da importancia de conservar estes tesouros naturais” e manifestou o “compromiso do goberno provincial nesta materia”. Entre estas accións, destacan o Plan de Medio Ambiente (PMA) dotado con 5 millóns de euros para o financiamento de 159 accións de mellora do entorno natural e a calidade ambiental nos 93 concellos coruñeses ou a campaña de limpeza de praias, na que a Deputación inviste cada ano preto de 1 millón de euros para axudar a que os areais coruñeses estean cada día en óptimas condicións durante a tempada estival.

O mencionado plan de medio ambiente impulsou a creación ou rehabilitación de 23 zonas verdes na provincia da Coruña en Abegondo, Arteixo, Coirós (2), Curtis, Sobrado, A Baña, Boqueixón, Frades, Ordes, Oroso, Santiago, Santiso, Ares, As Pontes, Mañón, Monfero, Ortigueira, Dumbría, Malpica, Muxía, Carnota e Ribeira e supuxo a creación de 90 postos de traballo, segundo datos da Deputación, a través da creación de brigadas medioambientais en 20 concellos coruñeses.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Betanzos rende homenaxe ao seu pasado como capital galega do lúpulo

A segunda edición da festa, impulsada pola Deputación da Coruña, celebrará do 11 ao 13 de setembro a tradición con catas, 'showcookings', concertos e visitas aos campos de cultivo

Turismo sostible a través da identidade gastronómica e patrimonial: este é o proxecto ‘Os Fogóns do Anllóns’

A Deputación da Coruña completa dúas novas actuacións en Cabana de Bergantiños e Ponteceso para impulsar o plan enogastronómico

Un método creado na UDC predí a liberación de fibras nos téxtiles para reducir o seu impacto ambiental

A tese de Mercedes Pereira analiza 25 estruturas elaboradas con poliéster, algodón, la, viscosa e elastano en escenarios próximos á vida real

Atopados os restos óseos dun individuo durante a escavación da foxa de Beira, en Carral

Un equipo da USC busca espazos de violencia franquista na parroquia coruñesa, onde foron enterradas entre agosto e setembro de 1936 un mínimo de 18 vítimas na contorna da igrexa