Decretado o aviso amarelo por neve na montaña de Lugo

As fortes precipitacións e o frío intenso deixan un aviso amarelo por neve na montaña da provincia de Lugo. A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) lanza esta advertencia dende as 11 horas deste martes 22 de xaneiro ata as 00.00 horas do mércores 23, con acumulacións de neve de cinco centímetros en cotas superiores aos 900 metros.

As cámaras de Meteogalicia xa amosan fortes precipitacións en forma de neve nos Ancares. E a axencia meteorolóxica galega tamén emitiu un aviso por esta circunstancia.

Publicidade

Mapa de alertas da AEMET en Galicia para este martes.

Ademais, hai aviso laranxa no mar na costa de Lugo e da Coruña por fenómenos costeiros derivados da ondada e dos fortes ventos, mentres que o aviso é amarelo na costa de Pontevedra.

Aquí podes consultar os avisos meteorolóxicos previstos por Meteogalicia

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada

Unha nova pintura chega á Coruña: a viaxe dunha táboa flamenga recuperada do tráfico de arte

A peza, do século XVI e atribuída a un pintor anónimo, foi localizada en Italia tras ser exportada ilegalmente dende España

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual

Activada a alerta vermella por calor no interior de Pontevedra durante o venres

A Xunta acende o aviso laranxa por altas temperaturas no noroeste da Coruña e na montaña de Ourense e o amarelo na montaña de Lugo e en Valdeorras