A costa galega treme cun terremoto de magnitude 4.6 con epicentro no Atlántico

O sismo, o maior en 25 anos, azoutou con especial intensidade ás Rías Baixas e sentiuse na provincia de Ourense

A provincia de Pontevedra sumou este xoves tres novos terremotos aos sucedidos nos últimos días. O epicentro estivo no océano Atlántico, próximo á costa galega. O sismo máis forte alcanzou unha magnitude de 4.6 mbLg segundo o Instituto Xeolóxico Nacional (IGN). A hora local á que tivo lugar foi ás 14:44, e foi antecedido e precedido por outros tremores menores, principalmente un de 3.7 e outro de 2.5.

O epicentro do maior dos sismos situose á altura de Ribeira, a unhas 25 millas náuticas hacia o oeste. Case unha hora antes, ás 13,57, rexistrouse outro tremor de 3,7 de magnitude, e ás 14,58, un terceiro de 2.5. Os dous máis fortes rexistráronse a menos dun quilómetro de profundidade, en tanto que o terceiro tivo o seu epicentro a tres quilómetros. Además, o IGN informou de distintas de réplicas menores nun período de poucas horas.

Publicidade

Os efectos do maior dos terremotos notáronse en toda a costa galega, principalmente nas Rías Baixas e máis en concreto na de Vigo, pero tamén no interior, en lugares como Ourense e a súa comarca.

O catedrático de Xeografía Física da USC Augusto Pérez Alberti fixo fincapé en que a Terra “é moi dinámica, hoxe móvese aquí, e mañá móvese alá”. O territorio está sometido a sismos constantemente, pero non sempre son perceptibles. Estes tres terremotos, aínda que excepcionais para as persoas que viviron un tremor por primeira vez, entran dentro da normalidade da actividade terrestre. “Son todos movementos que teñer certo paralelismo co xogo do dominó, que a caída dunha peza repercute noutra”, sinala o xeógrafo.

Publicidade

O terremoto é o de maior magnitude que se rexistra en Galicia en 25 anos. En concreto, dende o do 21 de maio de 1997 co epicentro en Triacastela, na provincia de Lugo. Foi o maior terremoto rexistrado en Galicia, cunha magnitude de 5.1. O sismo chegou acompañado de 400 réplicas e 81 delas foron superiores á magnitude 2. No 2011, outro terremoto da mesma magnitude con epicentro en Lorca (Murcia) causou nove vítimas mortais. No caso galego, os danos foron sobre todo gretas e desprendementos de cascotes en numerosas vivendas  —aínda que tamén caeu o campanario dunha igrexa en Baralla—.

Como é habitual cos sismos de maior magnitude, o Instituto Xeográfico Nacional pediu a colaboración cidadá para ofrecer datos sobre a forma en que foron sentidos pola población. Fíxoo a través dun cuestionario macrosísmico no que solicita descicións dos efectos e as reaccións provocadas.

Aínda que un dos terremotos alcanzou unha magnitude de 4,6 mbLg, non se notificaron danos persoais nin materiais ata o momento. O que sí houbo é moita expectación por parte da veciñanza que os sentiu, que manifestou a súa sorpresa en canles como Twitter. Os chíos dende as diferentes localidades galegas ben poderían dar para crear un mapa das zonas que fixeron tremer os sismos este 27 de xaneiro.

Na madrugada do pasado domingo 23, un terremoto con epicentro en Mondariz de intensidade 3.4 fixo saltar as alarmas da veciñanza da área afectada. Segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional, o tremor sentiuse en 23 localidades, entre elas Vigo, As Neves, Bueu, A Lama, Mondariz, Sanxenxo, Cangas, Salvaterra e A Guarda. O sismo foi catalogado polo IGN como un terremoto de nivel 2 nunha escala de 10.

Tras o terremoto récord de Mondariz: “Galicia está nun terreo de pouco perigo”

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O proxecto Sensoxenoma evidencia que a música deixa pegadas medibles nos xenes e proteínas

A investigación da USC e do IDIS cumpre cinco anos con máis de 20.000 mostras e detecta respostas biolóxicas tras a exposición sonora, tamén en persoas con TEA

O polbo galego estase a mudar ao Reino Unido?

Os pescadores do suroeste de Inglaterra viviron en 2025 o maior 'boom' de 'Octopus vulgaris' nos últimos 75 anos

Atopados os restos óseos de tres individuos na foxa común de Serantes 

A cata arqueolóxica coordinada por Histagra confirma a presenza dun enterramento irregular que podería acoller preto de 200 vítimas da violencia golpista

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual