Confirmada a presenza do mosquito tigre en Cangas

Identificouse un exemplar neste concello, que xa se suma aos de Vigo e Moaña como municipios afectados por esta especie invasora

A Xunta, a través da Rede Galega de Vixilancia de Enfermidades Transmisibles por Vectores (ReGaViVec) da que tamén forman parte as Universidades de Vigo e Santiago de Compostela, confirmou a detección dun exemplar de mosquito tigre (Aedes albopictus) no concello de Cangas.

Ante a aparición deste insecto en Moaña, de forma preventiva, a Rede xa instalara trampas en Cangas para confirmar ou descartar a diseminación do mosquito tigre en municipios limítrofes. Desta forma, en paralelo á colaboración cidadá a través da aplicación Mosquito Alert, entomólogos de ReGaViVec identificaron un exemplar en Cangas, o que lle foi comunicado á alcaldesa da localidade.

Publicidade

Polo tanto, o Concello de Cangas sumarase aos de Moaña e Vigo como integrante do comité técnico do mosquito tigre.

Así mesmo, ampliouse a vixilancia de maneira preventiva aos concellos de Bueu e Vilaboa e, para reforzar o coñecemento sobre o control do mosquito tigre por parte dos técnicos dos concellos implicados, a Escola Galega de Saúde Pública organizará o vindeiro xoves, día 31, unha formación específica na Xefatura Territorial de Sanidade de Pontevedra, na que participarán expertos en sanidade ambiental, epidemioloxía e entomoloxía.

Publicidade

Desde a Consellería de Sanidade agradécese a participación veciñal á hora de seguir os consellos para evitar a proliferación deste insecto, que é vector de enfermidades como os virus do dengue, chikungunya ou Zika, aínda que os exemplares localizados non eran portadores. Así, lémbrase eliminar puntos de auga estancada como bebedeiros, pratos baixo macetas, caldeiros á intemperie ou embarcacións. Debe procederse simplemente ao seu baleirado ou renovación da auga cada 4-5 días.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Sinais de cambio

Novos achados de especies exóticas invasoras en Galicia. Por Laura Filloy

O mosquito tigre expándese por Galicia: detectado por primeira vez na Coruña

A Rede Galega de Vixilancia de Vectores sinala que é o único rexistro na zona norte da comunidade e súmase aos doce concellos do sur

O mosquito tigre regresa a Galicia: primeiro exemplar do ano detectado en Redondela

O aviso dun veciño rexistrado na aplicación Mosquito Alert permitiu confirmar a presenza desta especie invasora grazas á marca branca do tórax

Detectado o mosquito tigre nos concellos de Salceda, Ponteareas, Sanxenxo e Nigrán

A aplicación Mosquito Alert incorpora novos avisos que confirman a expansión da especie no sur de Galicia e inclúe un rexistro probable en Gondomar