Unha masa de aire polar provocará un forte descenso térmico a mediados de semana

Un anticiclón situarase ao oeste da península ibérica e só deixará paso a varias frontes no norte peninsular

A Semana Santa leva co seu remate os ceos despexados e as temperaturas por riba dos 20 graos. Un anticiclón mantivo afastado o risco da DANA durante estes últimos días, pero a estabilidade do tempo verase ameazada. Segundo Francisco Martín León desde o portal Meteored, un anticiclón situarase ao oeste da península ibérica e só deixará paso a varias frontes no norte peninsular. Unha primeira débil fronte fría traerá a nubosidade e causará un descenso térmico nas zonas do extremo norte de España. Unha masa de aire polar, que entrará a mediados de semana, traerá unha maior baixada das temperaturas. En Galicia notarase especialmente co aumento das posibilidades de precipitacións entre o mércores 12 e o sábado 15.

Galicia escapará das elevadas temperaturas nas horas centrais do día que se darán no resto do territorio español ao comezo da semana. Entre luns e martes, o tempo permanecerá máis estable, con máximas de entre 16 e 19 graos e mínimas de entre 6 e 12, en base á información proporcionada por MeteoGalicia. Prevense precipitacións, porén, para esta tarde e esta noite na Coruña, Vigo, Pontevedra e Ferrol. Xa advirten desde a axencia meteorolóxica que “non se descarta algunha chuvia feble e ocasional” no oeste de Galicia, onde haberá máis nubes. O mércores as máximas xa descenderán ata os 16 graos (Vigo e Pontevedra) e os 14 (Ferrol, A Coruña, Lugo, Santiago) e só acadarán os 19 en Ourense, onde o luns a súa temperatura poderá subir ata os 26 graos.

Publicidade

O tempo empezará a empeorar a partir do mércores. Desde Meteored, Francisco Martín León prevé que “chegue outra fronte fría máis activa con ventos de compoñente noroeste-norte”. “Unha masa de aire polar, que se deixará notar sobre todo no norte, traerá un descenso térmico case xeral”, sinala Samuel Biener no mesmo portal especializado. Entre o mércores e o sábado, a previsión maioritaria é de choivas nas sete cidades de Galicia. A previsión a medio prazo de MeteoGalicia, que poderá mudar co transcurso da semana, prognostica unha probabilidade de entre o 55% (Ferrol) e o 85% (A Coruña e Santiago de Compostela).

A finais da semana, especialmente a partir do domingo, o tempo comezará a estabilizarse de novo e as predicións contemplan a volta de temperaturas máis altas e os ceos despexados a semana que vén. “A dorsal anticiclónica irase impoñendo desde o Atlántico, polo que a estabilidade se irá xeneralizando”, explica Samuel Biener. Non obstante, periga a perspectiva de chuvias xerais no conxunto do territorio a corto e medio prazo, o que deixa aberta a posibilidade de que o próximo verán sexa duro en termos de seca.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha cicloxénese explosiva no Atlántico deixa avisos por choiva e vento en Galicia

Meteogalicia advirte que haberá refachos de máis de 100 quilómetros por hora na Costa da Morte e acumulacións de máis de 40 litros por metro cadrado no litoral

A Xunta activa a alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra durante o xoves

Galicia quedará ata o próximo sábado baixo a influencia dun anticiclón que tamén provocará avisos no centro de Lugo, interior da Coruña e montaña de Ourense

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

A seca xa afecta o 79% de ríos galegos e o 15% presenta niveis extremos

Un visor interactivo creado polo investigador do CSIC Dominic Royé alerta da situación de secura no norte da Coruña, no paso do Ulla entre Pontevedra e Lugo e no sur de Pontevedra