Chega o espectáculo da choiva de estrelas do cometa Halley

As Eta Acuáridas coruscan nos ceos favorecidas pola lúa nova e co máximo previsto para a fin de semana

A choiva de estrelas máis importante da primavera, as ‘Eta Acuáridas’, comezou a coruscar no ceo dende o pasado 20 de abril e ata o próximo 20 de maio, aínda que chegarán ao seu máximo na madrugada do 6 de maio.

Esta choiva de estrelas prodúcese porque a Terra, na súa órbita arredor do Sol, atravesa dúas veces a banda de refugallos deixada polo cometa Halley producindo o fenómeno das Eta Acuáridas en primavera e o das Oriónidas, no outono.

Publicidade

As pequenas partículas que deixou o cometa traspasan a atmosfera terrestre, e tras desintegrarse brillan como estrelas fugaces que podemos gozar no ceo.

As Eta Acuáridas reciben o seu nome porque o seu radiante parece centrarse na constelación de Acuario, preto dunha das estrelas máis brillantes da constelación, Eta Aquarii.

Publicidade

A Lúa nova non interferirá coa observación da choiva de estrelas, que despois das 4 da madrugada ata antes do amencer do 5 e 6 de maio estará en máxima actividade

A cantidade de meteoros pode chegar a 20 por hora para os observadores no hemisferio norte. Estas taxas son moito maiores para os observadores do hemisferio sur. A razón é simple: a constelación de Acuario está moito máis alta no ceo ao sur do ecuador.

Aínda que os días de máxima actividade serán no 5 e 6 de maio, este fenómeno tamén se pode apreciar uns días antes e despois desas datas. Hai que lembrar que non é necesaria a utilización de binoculares ou telescopios para a observación e, como sempre, o mellor é afastarse das cidades e da contaminación lumínica para disfrutar do espectáculo.

E aquí podes ler a nosa reportaxe sobre o cometa Halley en Galicia:

O Halley en Galicia en 1910 e 1986: así se viviu o paso do cometa

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Conta atrás para a gran cita coa eclipse total en Galicia: “Non volveremos ver algo así na nosa vida”

Unha cobertura do 99% ou do 100% do Sol marca a diferenza entre unha simple diminución da luz e a aparición da coroa solar e da escuridade

Unha eclipse e o último solpor: a Costa da Morte vivirá un espectáculo astronómico único en Europa

O proxecto Atlantic Sunset sitúa Galicia entre os mellores enclaves do continente para a observación do fenómeno cunha magnitude de totalidade próxima ao 99%

Chega o pico das Delta Acuáridas: poderá verse a chuvia de estrelas dende Galicia?

O máximo coincidirá cunha madrugada marcada pola nubosidade e pola lúa chea, dous factores que dificultarán a observación do fenómeno

Guía para observar dende Galicia a choiva de estrelas das Eta Acuáridas

O fenómeno acadará o seu punto álxido o 5 de maio, pero a luminosidade do satélite terrestre e as condicións meteorolóxicas poden dificultar a súa contemplación