Domingo 28 Abril 2024

As candorcas volverán esta semana a Galicia

Os expertos confirman o avistamento de 'Orcinus orca' á altura de Braga, polo que se prevé a súa entrada nas Rías Baixas nos próximos días

As candorcas (Orcinus orca) nadaron por augas galegas durante todo o verán. Algunhas tan só se avistaron e outras interaccionaron con barcos. Houboas, incluso, que se adentraron na ría de Arousa, pero sen ocasionar danos. Agora, un aviso do Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI), un centro para o estudo e observación da biodiversidade mariña asentado no Grove, advirte do regreso das candorcas a Galicia de cara aos próximos días. Segundo un comunicado emitido a través das redes sociais do BDRI, os datos obtidos a través da aplicación Orcinus —que vixía e controla o movemento das candorcas ibéricas— apuntan á chegada “dun novo grupo de candorcas que cruzará as augas galegas entrando polas Rías Baixas”. Na propia aplicación consta que este este domingo se avistaron estes cetáceos á altura de Braga.

Captura de pantalla da aplicación Orcinus, co avistamento de candorcas á altura de Braga o pasado domingo.

De todos modos, esta non será a primeira visita das candorcas a Galicia en setembro. Segundo GT Orca Atlántica, outra aplicación para o seu control e vixilancia, no que levamos de mes producíronse catro avistamentos ao longo de toda a costa galega entre o día 1 e o día 9 de setembro. Ademais, rexistráronse tres interaccións con barcos entre o 2 e o 7 deste mes, todas elas na Costa da Morte. De todos modos, diferentes organismos e expertos levan todo o verán tratando de concienciar sobre unha especie en perigo vulnerable en España que está acaparando cada vez máis protagonismo mediático. “A partir da primavera de 2021, polo menos cinco buques danados afundiron. Os danos graves só se produciron no 20% das interaccións“, recolle un comunicado publicado a finais de agosto por 35 expertos en bioloxía e comportamento de cetáceos. Entre eles, o biólogo galego Alfredo López, integrande da Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (Cemma).

Publicidade

De feito, dende esta organismo están detectando unha excesiva alarma pola chegada de candorcas a Galicia e o boom mediático do seu contacto cos barcos. “Quedan entre 35 e 40 candorcas ibéricas, non máis. Só 15 delas son Gladis, é dicir, interaccionan coas embarcacións”, apuntaba o biólogo do Cemma Pablo Covelo nunha reportaxe publicada en GCiencia a finais de agosto. Amais disto, dende a coordinadora alertaron de que o 84% dos avistamentos de candorcas que se rexistraron en 2020 correspondíanse con outros cetáceos, como é o caso do arroaz boto (Grampus griseus). “O problema non é a xente, que debe seguir comunicando os avistamentos e os varamentos. O problema está en quen reproduce esa información sen estar validada por expertos”, apuntaba Covelo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os parques eólicos mariños ameazan a toniña en Galicia: “Xa está en perigo de extinción”

Un estudo de ecólogos do Grove pide medidas para a conservación dunha especie moi afectada polas capturas accidentais da pesca

As candorcas volven a Galicia e non se sabe o porqué: “Deberían chegar a finais do verán”

Os expertos detectan un cambio no comportamento destes cetáceos, que en primavera adoitan concentrarse no Estreito de Xibraltar

A rede ambiental máis grande do mundo declara as rías galegas como área importante de mamíferos mariños

A IUCN destaca o valor da poboación dos cetáceos que viven nas costas de Galicia, especialmente dos golfiños
00:00:22

Ibai, Luceira e Lula: as tres tartarugas que vararan en Galicia volven ao mar

Despois de pasar por un centro de recuperación e expulsar todos os plásticos do tracto dixestivo poden regresar ao océano