Ibai, Luceira e Lula: as tres tartarugas que vararan en Galicia volven ao mar

Despois de pasar por un centro de recuperación e expulsar todos os plásticos do tracto dixestivo, poden regresar ao océano

Ibai, Luceira e Lula son tres tartarugas que acaban de ser devoltas ao mar pola Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (Cemma). Estes reptís estaban recuperándose despois de varar nas costas galegas e, segundo o protocolo da organización, recóllense todas as tartarugas que aparecen en Galicia nestas datas porque a temperatura está moi fría para elas e necesitan coidados. Despois dun tempo no centro de recuperación e tras botar todos os plásticos do tracto dixestivo, poden volver ao seu hábitat natural.

As tartarugas apareceran na ría de Cedeira e na do Barqueiro en Fisterra atrapadas en redes de pesca e foron rescatadas polos propios mariñeiros. Despois, a Cemma trasladounas ao centro de recuperación para asegurarse de que botaban todos os plásticos que portaban nos seus estómagos.

Publicidade

“Temos rexistros desta especie en Galicia. Elas nacen no Caribe, en Cabo Verde. As que aparecen aquí veñen da Corrente de Golfo. En inverno viaxan cara ao norte e os temporais desprázanas cara a costa”, explican dende a Cemma. As temperaturas baixas aféctanlle ao seu metabolismo e poden entrar nun estado de “letargo” e incluso morrer.

Con todo, na actualidade as temperaturas do Atlántico Norte están máis altas do normal, por iso, Ibai, Luceira e Lula xa puideron volver ao océano. Normalmente, botan o tempo que “faga falta” no centro de recuperación e volven ao mar en verán, cando as augas están máis cálidas. “Cando chegaron estaban ben, o que quere dicir que a temperatura non lles estaba afectando. Xa tiñan un peso corporal axeitado e agora, as condicións eran boas para que volvesen ao mar”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As candorcas volven ás costas galegas: rexístrase un avistamento nas Rías Baixas

A CEMMA confirma que os cetáceos xa se atopan de camiño ao norte de Galicia e agardan a chegada doutros dous grupo que veñen dende Portugal

A historia das tartarugas que chegaron a Galicia tras o tren de borrascas e agora regresan ao mar

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños liberará a 'Tanxil' e 'Noetiña' fronte á ría de Vigo na embarcación 'Novo ollo do mar'

‘Mozarrón’ e ‘Pega’, as tartarugas que regresan ao mar tras chegar desnutridas ás costas galegas

A CEMMA devolve ao océano dous espécimes de 'Caretta caretta' despois dunha rehabilitación en augas de 18 a 20 graos

▪️ Un estudo con participación galega atopa proteínas relacionadas co alzhéimer en cetáceos

A investigación determina que a proteína AT100 asociada a doenzas neurodexenerativas indica envellecemento natural e dano neuronal agudo