Cal será o tempo este Nadal en Galicia?

Aínda que unha fronte provocará unha paréntese este mércores no tempo anticiclónico, agárdase estabilidade atmosférica de cara á fin de semana

Galicia atravesa unha situación de estabilidade atmosférica que sufrirá un pequeno paréntese na madrugada deste mércores. Unha fronte pouca activa entrará polo noroeste peninsular e deixará precipitacións, pero as altas presións non tardarán en achegarse de novo a Galicia e xa de cara ao xoves a comunidade recupera a influencia anticiclónica. As temperaturas ascenderán progresivamente e agárdase unha fin de semana e un Nadal con ceos despexados e tempo seco, con temperaturas suaves nas horas centrais do día.

Coa chegada da fronte e da chuvia, as temperaturas mínimas ascenderán e descenderán as máximas. Durante a madrugada, as precipitacións irán xeneralizándose pero e remitirán entrado o día. Na mañá do mércores, as altas presións toman o relevo aínda que se agarda un día de ceos nubosos con chuvias débiles no norte. Segundo explica MeteoGalicia, o xoves recupérase a influencia anticiclónica pero con ventos do norte que arrastran unha masa de aire húmida. Así, agárdanse ceos cubertos e precipitacións ocasionais no litoral noroeste.

Publicidade

Esta fronte, tralo paso por Galicia, estenderase pola península onde deixará neve na cordilleira Cantábrica e Os Pirineos. Polo momento, non se agardan nevadas na comunidade. Despois desta pequena borrasca, achégase un ‘potente anticiclón’, apuntan dende eltiempo.es, que brindará estabilidade atmosférica para Noiteboa e Nadal. Deste xeito, a partir do venres agárdase que as temperaturas ascendan lixeiramente. As máximas nalgunhas provincias poderán chegar aos 16 graos e as mínimas serán máis altas en comparación cos días iniciais da semana.

De cara a vindeira semana, agárdase tempo anticiclónico o luns e o martes, pero todo apunta a que entrará unha fronte que deixará chuvias os días seguintes. As temperaturas baixarán a partir do domingo.

Publicidade

https://twitter.com/MeteoGalicia/status/1737003189419843895?s=20

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cen anos d’O Mariscal, a obra teatral que pintou a Pardo de Cela como símbolo das liberdades galegas

A Real Academia Galega celebrará un acto conmemorativo de entrada libre o xoves 15 ás 16:30 horas no Museo de Ramón Cabanillas, en Cambados

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua