Pódcast | O CIM desenvolve sistemas de alerta para evitar a mortalidade do marisco

Falamos co investigador José González Cao, quen busca poder previr a diminución de salinidade das augas debido ás fortes chuvias

Este é o segundo episodio do pódcast Todas as correntes levan ao CIM, un pódcast de GCiencia en colaboración co Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo para afondar coa sociedade no coñecemento do mar. Na ‘Corrente II’ falamos de sistemas de alerta temperá e os factores que poñen en perigo a habitabilidade dos ecosistemas mariños galegos co investigador José González Cao, quen desenvolve estes sistemas xunto co seu equipo.

O cambio climático provoca mudanzas na temperatura, salinidade e calidade da auga, sendo estes factores que afectan en gran medida aos recursos naturais presentes nas costas. Ademais da necesaria protección de animais, plantas e ecosistemas en xeral, o dano nestas augas provoca tamén un dano nas actividades humanas como a pesca, o marisqueo, a acuicultura ou o turismo. O desenvolvemento sostible das rexións costeiras require de manter o equilibrio entre os intereses da sociedade e os límites necesarios para a protección e respecto aos ecosistemas naturais e aos seres que viven neles.

Publicidade

As intensas chuvias que comezaron este outubro, por exemplo, tiveron como consecuencia unha diminución na salinidade da auga das rías galegas. Isto provocou, entre outras cousas, a mortalidade do 60% do marisco da ría de Muros e Noia ou o peche da temporada nas rías de Vigo e Pontevedra co obxectivo de salvar a campaña de Nadal.


Episodio realizado por Laura Veiga

Publicidade

Edición: Carlos Tresandí


Escóitao nas plataformas de pódcast: SpreakerSpotifyIvooxiHeartDeezerPodcast AddictJioSaavn e Podchaser.

Laura Veiga
Laura Veiga
Xornalista pola Universidade de Santiago de Compostela, especializada en cultura científica pola Universidade de Oviedo e sexóloga pola Universidade Camilo José Cela. Combina a comunicación e a divulgación en medios como GCiencia e Nós Diario coa educación sexual e menstrual, que desenvolve a través do seu proxecto Pingando en redes sociais e en obradoiros para centros educativos e asociacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo lanza unha serie de podcast para concienciar sobre as doenzas cardiovasculares

As actividades, organizadas dentro do plan 'Ciencia de ida e volta', inclúen charlas en colexios e institutos

A UVigo reivindica no Día Mundial da Auga a importancia do seu acceso universal

A universidade impulsa a concienciación través dunha serie de pódcast con nenos e nenas e dun concurso escolar de microrrelatos
00:04:50

Teñen os mosquitos as súas cores de predilección?  

Ir vestidos de negro nun día de calor pode aumentar as probabilidades de que nos pique un mosquito, pero será o noso olor corporal o que determine a nosa condición de vítima
00:04:54

É o limón o remedio contra todos os males?

O froito do limoeiro forma parte da nosa dieta e da nosa farmacia doméstica desde hai séculos, pero o avance da ciencia négalle hoxe os seus poderes de superalimento