Avisos amarelos en Galicia pola entrada de aire africano

As temperaturas chegarán aos 38 graos na cidade de Ourense e a calor será intensa na conca do río Miño

Tras un mes de xuño máis frío do común e un comezo de xullo con fortes treboadas, chegan unha forte suba das temperaturas a Galicia que de feito obriga a declarar o aviso amarelo en Ourense e no sur da provincia de Pontevedra vixente ata o vindeiro venres. O responsable deste calor cos termómetros por riba dos 30 graos será unha masa de aire africano que xa penetra na península Ibérica e alcanza o noroeste.

Mapa de máximas en Galicia deste mércores. Meteogalicia.

Meteogalicia ten declarado aviso amarelo por calor na conca do río Miño, tanto en Ourense como en Pontevedra, con temperaturas por riba dos 34 graos entre as 15 e as 21 horas deste xoves, e tamén este venres ás mesmas horas.

Publicidade

Alerta amarela para este xoves publicada pola AEMET.

O venres, o aviso amarelo afectará a todo o sur de Ourense, onde se espera que as temperaturas poidan estar en torno aos 40 graos, con 38 por exemplo na capital ourensá.

Chamarán tamén a atención este venres as máximas de 35 graos en Pontevedra e de 34 na cidade de Vigo.

Publicidade

A calor comezará a remitir a partir do sábado, pero aínda manténdose en valores altos, segundo informa Meteogalicia.

Aquí podes consultar os avisos de Meteogalicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro