“InnovAtlántico 4.0”, a cita das novas solucións tecnolóxicas na cidade de Vigo

No encontro participarán empresas e institucións de ámbitos como robótica, intelixencia artificial, drons, e tecnoloxía para a saúde

A empresa viguesa Expansión Eventos organizará, os días 10 e 11 de outubro, o primeiro Salón das Novas Solucións Tecnolóxicas: “InnovAtlántico 4.0”, que se celebrará no Exhibition Center do Tinglado do Porto de Vigo.

“InnovAtlántico 4.0” nace coa vocación de converterse nun referente no Norte da Península Ibérica para os sectores relacionados coa innovación, as novas tecnoloxías ou a robótica. Neste sentido, Expansión Eventos achega a experiencia de máis de vinte anos na organización de eventos como FranquiAtlántico, FrankiNorte ou FrankiBalears.

Publicidade

Este evento vai dirixido a empresas, institucións e centros de coñecemento en áreas como a industria 4.0, as tecnoloxías para a saúde, a robótica, os drons, portos 4.0, a industria aeroespacial ou a intelixencia artificial.

A organización do evento

Ademais da zona de exposición, que ocupará o recibidor central do edificio do Tinglado, o encontro acollerá un foro aberto a tódalas empresas participantes. Técnicos e especialistas en innovación falarán e debaterán sobre as aplicacións das novas tecnoloxías nos sectores industriais e de servizos.

Publicidade

Máis dunha vintena de empresas e institucións confirmaron xa a súa participación no evento. A directora do salón, Raquel Robledo, destacou que nesta primeira edición realizou unha aposta pola calidade; por iso se decantou pola celebración do salón nas instalacións do Porto de Vigo.

Raquel Robledo lembra, neste sentido, que a dispoñibilidade de espazo para exposición está limitada. Por este motivo, a directora anima ás empresas que queiran participar que fagan a súa reserva canto antes.

Robledo destacou tamén o papel da cidade de Vigo, unha cidade cun dos portos máis importantes de Europa e onde existe unha gran concentración de industria de alto valor engadido; industria que require permanentemente de solucións relacionadas coa innovación e a aplicación de novas tecnoloxías.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Usar a IA sen entendela: que consecuencias ten para os estudantes?

Aínda que un 'chatbot' responda con confianza isto non garante a súa veracidade. Por Juan José Lorenzo Castiñeiras, Andrea Fernández-Sánchez e Isabel Fernández-Menor

Por que todos os carteis feitos con IA son iguais?

A intelixencia artificial acelera a estandarización visual ao empregarse os mesmos 'prompts' e ferramentas. Por Iria María Santos López

Unha plataforma desenvolvida en Vigo abre novas vías para a rehabilitación da cognición social con IA

O proxecto ET-Plus, impulsado polo IIS Galicia Sur, personaliza o adestramento de habilidades en persoas con patoloxías mentais graves ou adiccións

O centro galego Gradiant deseña un sistema de IA para verificar contidos audiovisuais e prever fraudes

A plataforma, destinada a empresas e medios de comunicación, recibe un premio internacional no eido da ciberseguridade