Aviso amarelo en Galicia coa chegada dunha cicloxénese explosiva

Haberá choivas intensas nas provincias da Coruña e Pontevedra, e na montaña de Ourense

A chegada de fortes choivas cunha cicloxénese explosiva deixa avisos amarelos para este venres en Galicia, localizados nas provincias da Coruña e de Pontevedra, ademais de na montaña de Ourense. A borrasca prevista recibe a calificación de ‘cicloxénese explosiva‘ ao baixar a súa presión máis de 20 milibares en 24 horas.

A fronte fría asociada a unha profunda borrasca centrada ao oeste de Irlanda chegará a Galicia durante esta xornada. Así, os ceos permanecerán cubertos, con chuvias que durante a mañá se rexistrarán na metade oeste e co avance do día iranse intensificando e chegarán a toda a Comunidade, podendo ser localmente treboentas.

Publicidade

En principio, a situación borrascosa vaise manter no tempo. Toda a fin de semana será de choivas intensas e Galicia permanecerá durante a primeira semana de novembro na influencia das borrascas atlánticas, con entrada sucesiva de frontes que deixarán alta probabilidade de precipitación en xeral. As temperaturas irán en progresivo descenso, con posibilidade de precipitación en forma de sarabia e neve nas zonas altas.

Aquí podes consultar o boletín de avisos amarelos de Meteogalicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica