A “Guía definitiva das aves da Galiza” bota a voar

O biólogo Nacho Munilla e o ilustrador Pancho Lapeña lanzan unha campaña de financiamento para publicar unha obra divulgativa sobre máis de 30 especies

Meses antes do final da Segunda Guerra Mundial, o 11 de novembro de 1944, a imprenta da editorial londinense John Constable & Sons sofre o impacto dun mísil dos nazis. O lugar arde, e con el, os caixóns nos que estaban mil exemplares da primeira edición da Guía Definitiva das Aves da Galiza, de Salvador Lueiro, listos para seren enviados por barco ao Centro Galego de Bos Aires. Podería ser unha historia certa, coa que fabularon  Nacho Munilla e Pancho Lapeña para inspirarse na obra que están a piques de publicar.

Pancho Lapeña e Nacho Munillla, autores da guía.
Pancho Lapeña e Nacho Munillla, autores da guía.

O biólogo e o ilustrador, coa colaboración de David Carballal, están en plena campaña de financiamento para facer realidade unha guía ilustrada que reunirá a 33 especies de paxaros habituais no noroeste ibérico, e na que se falará da súa bioloxía, hábitats, hábitos e outras características. Segundo explican os  autores, todas e cada unha das aves levan cadansúa copla, canción ou poema manuscrito.

Publicidade

Ilustración dun xílgaro, que se incluirá na guía das aves que publican Nacho Munilla e Pancho Lapeña.
Ilustración dun xílgaro, que se incluirá na guía das aves que publican Nacho Munilla e Pancho Lapeña.

A través da plataforma Verkami xa é posible reservar algún dos exemplares do libro, que terá 120 páxinas a toda cor para mergullarse na ornitoloxía. A obra, segundo explica Munilla, inspírase na figura imaxinaria de Salvador Lueiro, naturalista, ornitólogo, ilustrador e divulgador científico, que encarna “unha certa maneira de estar e de comprometerse”, para “homenaxear a toda esa xente de ciencia e ben obrigada a marchar á forza desta terra nosa”.

Dentro de cada unha das recompensas que se obterán por apoiar o lanzamento da obra, que está xa a piques de ir ao prelo, inclúense dedicatorias personalizadas e láminas dalgunha das aves que aparecen no libro, como a carriza, o xílgaro ou a lavandeira.

Publicidade

Unha vez acabe a campaña de financiamento, a finais de novembro, Nacho Munilla e Pancho Lapeña teñen previsto realizar unha rolda de presentacións polas principais cidades de Galicia, nas que aproveitarán para entregar algúns dos exemplares e difundir ao tempo a obra.


Máis información sobre a Guía definitiva das aves da Galiza, nesta ligazón.

 

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

O catálogo ‘Quero ser investigadora’ alcanza a súa 6ª edición con dez historias de científicas da UVigo

O evento inclúe unha guía didáctica, contidos gamificados e unha versión audiolibro que conta cunha versión de lectura fácil

A Lagoa dos Nenos, ao límite: o exceso de sedimentos e os danos no dique ameazan o tesouro mariño das Cíes

O Ministerio para a Transición Ecolóxica inicia un proceso de recuperación da infraestrutura que une as illas de Faro e Monteagudo

Cando as mascotas devoran a biodiversidade: un conflito sen regular na Unión Europea

A falta de regulación na UE converte aos cans e gatos nunha ameaza para a fauna silvestre e a biodiversidade