Atopados máis de 3.000 barrís de residuos radioactivos preto da costa galega

A misión do equipo francés estará un día máis na Foxa Atlántica antes de rematar a primeira fase do proxecto

Xa son máis de 3.000 os barrís con residuos radioactivos que o equipo do Centro Nacional para a Investigación Científica de Francia detectou na Foxa Atlántica. O equipo investigador rematará o martes a primeira fase de traballo de campo tras rexistrar co sonar Uly-X máis de 140 quilómetros cadrados e tras lanzar 15 veces a sonda. Os puntos nos que se están a realizar estas investigacións están a uns 750 quilómetros da costa galega.

O grupo liderado por Javier Escartín e Patrick Chardon tamén realizou 26 extraccións de sedimentos no fondo mariño, mostras de augas e instalaron un aparello de medición de correntes. Non todos os días puideron lanzar o sonar Uly-X, principalmente polas variacións do tempo, coa aparición de tormentas na zona. Para analizar o impacto tamén na fauna mariña, instaláronse varias trampas.

Publicidade

Máis de 200.000 toneladas de residuos

O proxecto comezou tras o interese de Escartín, que falou con Chardon sobre as verteduras realizadas na zona entre 1949 e 1982. Malia que o Consello de Seguridade Nuclear non detectou niveis significativos de radiación na costa galega, non se coñece ben o estado no lugar das verteduras. Para coñecer mellor a súa situación e como afecta os ecosistemas mariños puxeron en marcha o proxecto Nodssum (Estudo e Monitoreo de Verteduras Nucleares no Océano), a principios da década do 2020.

https://bsky.app/profile/jescartin.bsky.social/post/3ltcepxa67c2j

As estimacións din que na zona pode haber máis de 200.000 toneladas de residuos. Organizacións como Greenpeace protagonizaron nos oitenta algúns enfrontamentos no mar cos cargueiros que levaban os bidóns. Entre eles tamén se atopaba Xurelo, un pequeno barco con activistas. Agora, esixen investigacións máis profundas. A presión política tamén aumentou nas últimas semanas, con peticións de todos os partidos para coñecer máis a fondo a situación dos mares galegos.

Publicidade

O proxecto conta co apoio do Convenio de Oslo-París, que reúne os estados afectados pola contaminación no Atlántico Nororiental. Un dos líderes do proxecto, Patrick Chardon, vén de recibir a Medalla de Cristal do CNRS polo seu traballo en enxeñaría e metroloxía nuclear.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica