O Consello de Seguridade Nuclear descarta niveis significativos de radiación na costa galega

Unha expedición francesa achou grazas a un sonar máis de 1.900 barrís no vertedoiro de residuos utilizado entre 1949 e 1982

O Consello de Seguridade Nacional (CSN) afirma que os resultados dos que dispoñen non detectan niveis significativos de radioactividade na costa galega. O informe, solicitado polo goberno da Xunta de Galicia, afirma que as análises realizadas ata esta data non identifican valores superiores aos establecidos pola normativa española ou da Unión Europea. Ademais, recordan que estes datos son remitidos anualmente á Comisión Europea e á Comisión para a Protección do Medio Ambiente Mariño do Atlántico do Nordeste.

A resposta do CSN chega despois de que unha expedición francesa volvese dar a luz ás verteduras de residuos radioactivos entre 1949 e 1982. Para frear esa situación, o pesqueiro Xurelo e outros barcos organizados por activistas medioambientais galegos foron ata a zona en 1981. Eles conseguiron paralizar as accións das embarcacións belgas, francesas, alemás, italianas, neerlandesas, suecas, suízas e británicas, que deixaban os restos radioactivos a 750 quilómetros das súas costas, na Foxa Atlántica.

Publicidade

142.000 toneladas de verteduras nucleares

O mesmo día no que o CSN realiza este comunicado, un equipo do Centro Nacional para a Investigación Científica (CNRS) atopou máis de 1.900 barrís despois de cartografar 110 quilómetros cadrados. A falta dunha sétima inmersión por procesar e coa posibilidade de realizar máis, a expedición podería encontrar nos vertedoiros radioactivos máis de 2.000 bidóns. As estimacións consideran que pode haber máis de 200.000 bidóns con ata 142.000 toneladas de verteduras nucleares. Nas últimas semanas, a preocupación de organizacións como Greenpeace medrou e esixen unha investigación máis profunda por parte das institucións europeas.

A presión política tamén aumentou nas últimas semanas, o que provocou a solicitude da Xunta ao CSN, o organismo encargado de controlar a calidade radiolóxica das augas costeiras galegas. Para este cometido, a institución conta con tres puntos de mostraxe, xunto co traballo do Centro de Estudos Experimentais de Obras Públicas (CEDEX).

Publicidade

A institución destaca ademais que, en 2021, a Comisión Europea realizou unha misión de verificación a España. Nesta, o informe realizado desde a institución comunitaria destaca o compromiso e a capacidade do CSN para poder detectar e identificar calquera perigo en materia de radiación nas costas do país.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detrás do ‘biotech’ galego

Unha xornalista de GCiencia viaxa a Bilbao con motivo de BioSpain 2026. Por Andrea Veiga

Así é ImageDataSpace, a rede galega de imaxes médicas para acelerar a investigación e o diagnóstico

A iniciativa conecta centros, universidades e profesionais sanitarios para desenvolver novos algoritmos baseados en IA en cardioloxía, anatomía patolóxica e oftalmoloxía

Galicia presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o uso do galego na IA

O Proxecto Nós, impulsado pola USC, amosa os resultados iniciais de “Arena Nós”, que analiza como os grandes modelos comprenden, xeran e representan a lingua

Unha nova investigación identifica os xenes asociados a defectos de pigmentación en rodaballos de cultivo

Un equipo do IIM-CSIC revela unha importante base xenética tras as anomalías e abre novas vías para a mellora dos programas de selección en acuicultura