As interaccións entre cardorcas e barcos reducíronse un 32% nun ano

O Grupo de Traballo Orca Atlántica detecta un aumento do 60% nos avistamentos en comparación coa media rexistrada entre os anos 2021 e 2023

As primeiras interaccións entre candorcas (Orcinus orca) e barcos rexistráronse en xullo de 2020. Dende aquela, a expectación aumenta en verán, cando a subespecie ibérica visita Galicia e a atención se dirixe aos posibles contactos entre estes cetáceos e as embarcacións, sobre todo de recreo. Con todo, os datos non xustifican o este crecente interese. Segundo datos do Grupo de Traballo Orca Atlántica (GTOA), que fixeron públicos esta mañá a través da súa páxina de Facebook, no que levamos de ano reducíronse as interaccións nun 32% con respecto ao mesmo período do ano anterior. Se se comparan coa media rexistrada entre 2021 e 2023, a cifra sería dun 23%.

De feito, dende o colectivo fan fincapé en que só se rexistrou un aumento significativo das interaccións entre 2020 e 2021, mentres que nos anos seguintes non se experimentaron grandes cambios e as cifras mantivéronme estables. Porén, en 2024, con 124 interaccións rexistradas entre xaneiro e finais de agosto, estase detectando unha diminución. Non acontece o mesmo cos avistamentos, que si van en aumento. Sempre segundo os datos de GTOA, incrementáronse nun 60% en comparación coa media calculada entre os anos 2021 e 2023. En concreto, no que levamos de ano houbo 72 avistamentos. Todas estas cifras non son exclusivas de Galicia, senón da área de actuación da subespecie ibérica, que comprende dende a costa norte de África ata a Bretaña francesa.

Publicidade

Cifras totais

No que respecta aos datos recollidos dende 2020, GTOA recompilou 422 avistamentos e 824 interaccións. O 10% delas foron sen contacto físico, o 32% mantivérono pero sen ocasionar danos, no 38% dos casos causaron prexuízo pero sen impedir a navegación e un 20% foron interaccións cualificadas como “graves” porque imposibilitaron que a embarcación continuase navegando. Así mesmo, un 1% do total represéntano oito barcos afundidos como consecuencia de avarías coa entrada de auga.

Por que hai menos interaccións?

Segundo as observacións do Grupo de Traballo Orca-Atlántica, este ano as embarcacións modificaron as súas zonas de paso, achegándose máis cara a costa e o literal e evitando as augas máis profundas, onde adoita atoparse o animal. Isto, sumado a que as candorcas estiveron este ano máis dispersas e cun maior movemento xeográfico, motivou a redución na frecuencias das interaccións. Este é o panorama xeral do comportamento das candorcas neste 2024, cando chegaron á costa galega na segunda quincena de agosto.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Inflamación e fibrose: así evoluciona a candorca Toñi tras sufrir disparos con perdigóns de chumbo

O exemplar presenta nove orificios de entrada no lado esquerdo da súa aleta e cinco de saída na parte contraria

Benvida ás candorcas

Hai dúas normas principais: non atacar e conservar a estes cetáceos son medidas fundamentais para mellorar a súa supervivencia. Por Andrea Veiga

As claves do regreso das candorcas: por que volven a avoa Toñi e a súa manda ás Rías Baixas?

O grupo, de entre oito e dez exemplares, regresa por terceiro ano consecutivo a Galicia seguindo o rastro do atún vermello e xeran interaccións coas embarcacións

As candorcas volven ás costas galegas: rexístrase un avistamento nas Rías Baixas

A CEMMA confirma que os cetáceos xa se atopan de camiño ao norte de Galicia e agardan a chegada doutros dous grupo que veñen dende Portugal