Amencer ás 10:00? Así sería unha mañá de decembro en Galicia co horario de verán

Permanecer co reloxo que seguimos entre marzo e outubro suporía ter un desfase de dúas horas en inverno con respecto o fuso que corresponde

A proposta do Goberno de suprimir o cambio de hora está deixando un gran debate entre expertos e na propia opinión pública. O próximo 26 de outubro, ás 3:00 serán as 2:00 e os galegos terán unha hora máis para durmir pola noite e entrarán no horario de inverno. Este é o que permite que sempre amañeza ás 9:00 ou antes, pero é algo que podería cambiar co horario de verán. O horario que temos cada ano entre os últimos días de marzo e finais de outubro é, segundo a enquisa na que participastes en redes, o máis popular. Con todo, de aplicarse, en inverno non amencería ata as 10:00 da mañá.

Os seus defensores argumentan que así evitaríamos que anoitecese cedo. Algo que está moi vinculado con como funciona a xornada laboral no país. Moitas persoas rematan de traballar ás sete, oito ou nove da tarde. Ata os que rematan antes, ás 16:00 ou ás 17:00, non teñen moitas oportunidades para desfrutar das horas de luz do día. É por iso que, de anoitecer máis tarde, permitiría á cidadanía poder desfrutar mellor das horas de luz. Aínda así, isto faríase coa problemática de non ter moita luz pola mañá.

Publicidade

Só unha proposta

“O horario de inverno provoca que amañeza máis cedo, algo que facilita o espertar natural do organismo”, explicaba o psicólogo da Universidade de Santiago (USC) Fernando Vázquez nun artigo publicado en GCiencia. Ese e outros, como unha maior coordinación co reloxo biolóxico do corpo, indican que o horario de inverno pode ter máis vantaxes ca o de verán. Porén, hai que ter en conta que o modelo de xornadas en España, que en moitas ocasións son partidas e poden comezar ás 9:00 ou 10:00 para rematar ás 20:00 ou ás 21:00, impiden case de calquera forma a posibilidade de desfrutar das horas de luz.

Os países veciños, como Reino Unido ou Portugal, simplemente teñen unha hora menos no fuso horario. España ten unha hora máis malia que non lle corresponde. Escoller o horario de verán implicaría que todo o país quedaría dúas horas desfasado co que lle corresponde en inverno. Oficialmente sería como adoptar o GMT+2, a hora que hai en Ucraína, Líbano ou Finlandia.

Publicidade

Galicia ademais está no oeste, á altura de Portugal, o que fai que con máis motivo lle corresponda o horario de inverno. De escoller o horario de verán, sería o máis prexudicado, xa que ata parte do territorio atravesa a liña que indica que debería ter ata outra hora menos. Por outra banda, a proposta do Goberno é só iso: unha proposta. De momento, o Boletín Oficial do Estado (BOE) segue a establecer que o ano que vén haberá o cambio de hora, como todos os anos. Quizais cambiar o reloxo é un hábito que seguiremos facendo máis tempo do que pensamos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Físicos galegos e andaluces refutan o estudo que atribuía riscos para a saúde ao cambio de hora

Jorge Mira Pérez e José María Martín Olalla critican a metodoloxía aplicada e sinalan que os resultados da investigación son “unha ilusión matemática”

Horario de verán ou de inverno: que lle convén a Galicia en caso de eliminar o cambio

Amencer ás dez da mañá ou que anoiteza ás seis da tarde pode provocar consecuencias negativas para a saúde

Un estudo reaviva o debate: o cambio de hora aumenta o risco de infarto cerebral e obesidade

Unha investigación realizada nos Estados Unidos reaviva a discusión entre expertos sobre o cambio de hora en España

Físicos discrepan da Sociedade Británica do Sono e defenden o cambio de hora no Reino Unido

O profesor da USC Jorge Mira expón a naturalidade e a utilidade de adaptar a vida social á luz diúrna do país anglosaxón