O aeroporto de Alvedro bate o récord de temperatura en maio

A estación da Aemet no aeródromo coruñés acadou os 33,6ºC, superando os 32,5ºC que marcara o 29 de maio de 2009, marcando un novo máximo en 2019

O ano 2019 vai camiño de rachar coas marcas de temperatura rexistradas no aeroporto coruñes de Alvedro, no marco duns niveis notablemente altos en toda Galicia. Así, nos primeiros cinco meses de 2019, en Alvedro xa se racharon dous máximos históricos de calor, despois do marcado onte. Ás 13.30 horas, a estación da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) marcou os 33,6ºC, o que supón un novo récord ao superar os 32,5ºC que marcara o 29 de maio de 2009. En febreiro deste ano, o aeródromo coruñés xa superara o máximo histórico, con 24,3ºC marcados o día 26. Un día antes, Ourense tamén rexistrara o máximo de febreiro con 25,5ºC.

No último día do mes, Galicia volveu copar, como xa acontecera en febreiro deste ano, algúns dos rexistros máis altos de España. Así, en Ribadavia rexistráronse 37,2ºC (só superada por El Granado (Huelva), con 38,5ºC, mentres que Ourense chegou aos 36,6ºC e Lugo, aos 36,1ºC. Porén, en ningunha delas se bateron os rexistros históricos porque a Aemet non as inclúe entre as estacións válidas para extrapolar as series históricas. Unhas temperaturas incluso máis cálidas na rede de MeteoGalicia: foron 37,5ºC graos en Ourense e Arnoia, 37,3ºC en Leiro, 37,2ºC en Pantón e 37,1ºC en Ourense-Estacións.

Publicidade

Noutras dúas estacións, tal e como informou a propia Aemet, superáronse valores extremos do período de referencia 1981-2010. Así, a cidade da Coruña, con 33,5ºC, marcou un valor só superado polos 34ºC do 11 de maio do 1965, pero a de onte foi a maior temperatura da serie climatolóxica. E do mesmo xeito, os 33,1ºC do aeroporto de Vigo superaron os 32,8ºC de maio de 2001, e quedaron preto dos 33,6ºC de 1965. Pontevedra e Santiago quedaron ás portas, con 33,9ºC e un máximo de 34ºC que data do 16 de maio de 1992 e o 29 de maio de 2001, respectivamente.

Aínda que a predición adianta un descenso das temperaturas segundo avance a fin de semana, o primeiro día de xuño arrancou tamén con valores moi altos. Así, antes das 13 horas xa se acadaran os 32ºC en Lourenzá, 31,1ºC en Pantón, 30,5ºC en Ribas de Sil e 30,2º no campus de Lugo. Mesmo en estacións por riba dos 900 metros de altitude, como O Invernadeiro, A Mezquita ou O Xurés, antes do mediodía xa se rebasaran os 25ºC.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Activada a alerta vermella por calor no interior de Pontevedra durante o martes

A Xunta acende o nivel amarelo por altas temperaturas no noroeste, interior e suroeste da Coruña, así como na montaña de Ourense e nas Rías Baixas

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada

Unha nova pintura chega á Coruña: a viaxe dunha táboa flamenga recuperada do tráfico de arte

A peza, do século XVI e atribuída a un pintor anónimo, foi localizada en Italia tras ser exportada ilegalmente dende España