A Xunta amplía as zonas en nivel vermello por episodio de calor extrema

O litoral galego manterase nos 30ºC, o interior da comunidade superará os 34ºC e o val do Miño e do Sil acadarán os 40ºC

A Xunta de Galicia amplía as zonas en nivel vermello por episodio de calor extrema fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde. Segundo os datos de MeteoSalud e MeteoGalicia, a comunidade seguirá influenciada cunha masa de aire moi cálida, con valores moi elevados en zonas do interior, que poderán superar os 33-34ºC, mentres o val do Miño e do Sil poden chegar a 39-40ºC. No litoral os valores serán de preto de 30ºC.

O nivel 3 —vermello— afectará ás zonas isoclimáticas do noroeste da Coruña, A Mariña, centro e sur de Lugo, montaña de Lugo e Valdeorras. Mentres, o nivel 2 —laranxa— influirá sobre o interior da Coruña, noroeste de Ourense, Miño de Ourense, montaña de Ourense e o interior de Pontevedra.

Publicidade

No caso do deporte, a Xunta, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, determinou a suspensión da actividade deportiva federada e do programa Xogade no exterior entre as 12:00 e as 20:00 horas nas zonas afectadas pola alerta vermella. Así mesmo, suspenderase a actividade deportiva federada e do programa Xogade no exterior, agás os deportes náuticos e acuáticos federados, entre as 12:00 e as 18:00 horas nas zonas en alerta laranxa. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de sostible é o teu concello segundo os obxectivos para 2030? Compróbao neste mapa interactivo

A UVigo desenvolve unha plataforma aberta que avalía o grao de cumprimento dos 17 ODS a partir de 69 indicadores

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

Unha tese identifica unha Escola Galega de Percusión con ritmos e técnicas propias

A investigación de Cristian Silva Bóveda na USC recupera a historia dos intérpretes relegados e descifra os patróns de gravacións do século XX

Galicia está entre as zonas cun maior declive de polinizadores de Europa

Entre os anos 1921 e 2020, na rexión atlántica diminuíu un 42% a ocupación das especies de abellas e nun 32% a dos sírfidos