A Xunta activa a alerta vermella por episodio de calor extrema no interior de Pontevedra

O Goberno galego advirte de que os avisos poderán manterse durante varios días polos posibles efectos adversos para a saúde da poboación

A calor instáurase en Galicia ante as alertas dunha nova onda de calor. Seguindo a mesma liña, a Xunta de Galicia activa a alerta vermella por episodio de altas temperaturas no interior de Pontevedra durante o xoves. A previsión é que a situación se manteña en toda Galicia, co que as alertas permanecerían activas por posibles efectos adversos para a saúde durante varios días. O nivel laranxa chegará ao litoral pontevedrés, mentres que o amarelo afectará ao suroeste da Coruña e montaña de Ourense.

No caso do deporte, a Secretaría Xeral para o Deporte determinA a suspensión da actividade deportiva federada e do programa Xogade no exterior nas zonas afectadas pola alerta vermella. Por tanto, non se levará a cabo actividade deportiva federada e do programa Xogade no exterior, agás os deportes náuticos e acuáticos federados, entre as 12:00 e 20:00 horas do 2 de xullo no interior de Pontevedra e entre as 12:00 e 18:00 horas nas Rías Baixas.

Publicidade

Efectos sobre a saúde

A exposición a temperaturas excesivas pode provocar problemas de saúde como mareo, cansazo, debilidade, fatiga e cambras musculares, síncope, deshidratación, insolación e golpe de calor. A maioría das enfermidades asociadas á calor son consecuencia máis ou menos grave dun fallo no sistema de termorregulación. 

A calor excesiva pode alterar as funcioós vitais se o corpo humano non é capaz de compensar as súas variacións de temperatura. Unha temperatura moi elevada produce perda de líquidos e de electrólitos, necesarios para o funcionamento normal dos distintos órganos. Ademais, os mecanismos de termorregulación poden verse descompensados nalgunhas persoas con determinadas enfermidades crónicas, sometidas a certos tratamentos médicos e con discapacidades que limitan a súa autonomía.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

A Xunta declara a situación de seca prolongada nos sistemas do Ulla-Tambre e no da Costa Norte

A falta de precipitacións reduce os recursos hídricos e eleva a vixilancia en 74 concellos, mantendo a alerta nas concas do Lérez e do Anllóns

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro