Venres 19 Abril 2024

A velutina coloniza case toda Galicia con 60 niños retirados por día

O novo mapa de Medio Rural revela que a avespa asiática avanza cara ao interior o país despois de colonizar o litoral

A vespa velutina continúa o seu avance imparable en Galicia, de xeito que xa coloniza prácticamente todos os concellos do país. O novo informe publicado pola Consellería de Medio Rural revela unha media de 60 niños retirados cada día, só contando aqueles que computa a Administración, aos que habería que sumar os que retiran os particulares sen comunicalo á Xunta.

Hai cinco anos, a Xunta de Galicia publicaba o primeiro balance anual dos concellos nos que se detectaran niños da Vespa velutina. O mapa amosaba dous puntos nos que o problema xa despuntaba: varios concellos da Mariña Lucense e o Baixo Miño aparecían con máis de cinco niños retirados. En 2019, o praga xa está presente en todo o territorio.

Publicidade

Actualmente, só 60 municipios galelos líbranse da praga da vespa asiática. E, aínda que a velutina ten máis presenza na fachada atlántica, comeza a colonizar amplas zonas no interior.

Mentres que nos anos previos a retirada dos nespreiros se concentraba na faixa atlántica, os datos que publica a Consellería de Medio Rural, actualizados a 8 de outubro, revelan que o oriente de Galicia confirma a expansión da especie exótica invasora.

É unha tendencia que xa se advertiu nalgún dos encontros científicos nos que se abordou o problema. A comezos de abril do 2019, nun encontro celebrado no Consello da Cultura Galega, o investigador Luís Rodríguez Lado presentou os primeiros resultados de VeluMap, un mapa de predición sobre a expansión da avespa nos vindeiros anos. Este avance cara a zonas interiores, cunha notoria actividade apícola, podería comprometer, do mesmo xeito, esta actividade económica, que xa está resultando afectada nos últimos anos, cun descenso da súa produción debido ao ataque da velutina ás colmeas.

A expansión da velutina

Desde que se detectou en 2013 por primeira vez en Galicia (a Europa chegara por mar a Francia, en 2004), o insecto de orixe asiática medrou de xeito exponencial do país. A pesar do intenso trampeo promovido desde as Administracións públicas, este método semella que, ata o de agora, non foi quen de frear o avance da especie. Non en tanto, algúns estudos científicos cuestionan a eficacia do trampeo masivo e avogan por buscar camiños alternativos na investigación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204