Observer presenta unha plataforma dixital pioneira no turismo científico

A ferramenta dispoñible na web da compañía ofrece unha completa guía de destinos en Galicia, en función da temática, ubicación e outros criterios

A directora de Observer Science Tourism, Maite Vence, presentou onte no CiTIUS de Santiago de Compostela a nova plataforma incluída na páxina web da compañía. Esta ferramenta, a primeira deste segmento do turismo no ámbito internacional, baséase na interacción entre os destinos e os usuarios para ofrecer unha completa guía de diversos lugares de Galicia.

O traballo enmárcase no proxecto CONTUR 4.0, financiado polo IGAPE, e garante unha oferta de calidade baseada na valoración varios aspectos, como o patrimonio natural, as actividades turísticas que se poden desenvolver en cada territorio, a cualificación do persoal que atende ao usuario, a conservación da biodiversidade, a información específica sobre o destino e a oferta de restauración e aloxamento.

Publicidade

Presentación da plataforma.
Presentación da plataforma.

Nesta nova plataforma. o usuario, que poderá acceder e rexistrarse de maneira gratuíta, poderá encontrar información específica sobre Destinos de Ciencia, con xeolocalización segmentada de destinos de Turismo Científico por temáticas: astronomía, xeoloxía, botánica, historia, etc; información especializada sobre Destinos Científicos para optimizar decisións en base a criterios de calidade diferentes aos habituais.

Alén disto, Observer actúa ademais de canal agregador de actividades de Turismo Científico de calidade certificada: só traballa con provedores que cumpran uns estándares, baseados no propio selo de calidade Observer.

Publicidade

Entre os destinos incluídos na plataforma atópanse o Parque Nacional Illas Atlánticas, as montañas de Ancares e O Courel, varios museos científicos de Galicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Galicia presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o uso do galego na IA

O Proxecto Nós, impulsado pola USC, amosa os resultados iniciais de “Arena Nós”, que analiza como os grandes modelos comprenden, xeran e representan a lingua

Un ciclo de divulgación científica leva a investigación sobre Galicia a seis vilas do Camiño de Santiago

A iniciativa de Observer ‘Camiños de Ciencia’ celebrarase entre setembro e novembro con charlas gratuítas arredor da arqueoloxía, xeoloxía ou astronomía

Galicia activa un programa para mellorar a vixilancia da infección pulmonar causada pola lexionela

A Consellería de Sanidade, a USC e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica analizarán as cepas da bacteria para facilitar a detección de posibles gromos