Venres 23 Febreiro 2024

A Ruta dos Faros e outros 10 trens turísticos para desfrutar de Galicia

Unha ampla variedade de itinerarios permite percorrer e descubrir distintos recunchos das catro provincias galegas

Hai moitas formas de gozar da natureza en Galicia, pero una das máis orixinais consiste en tomar un tren e perderse polos recunchos máis descoñecidos das súas catro provincias. A Galicia máis auténtica escóndese neses lugares tan especiais da súa xeografía, repletos de pazos, faros, viñedos ou mosteiros, enclaves repletos de historia e ideais para gozar dun verán distinto.

O que moitos descoñecen é que existe toda unha ampla gama de rutas de tren que trasladan aos viaxeiros a eses lugares máxicos, un proxecto iniciado en 2013 e que este 2023 ampliouse con dous novos itinerarios, ata completar un total de 11. Desde que en marzo funcionou a Ruta das Camelias en Flor —con case un cheo de prazas vendidas—, os trens turísticos avanzan por Galicia en plena evolución, para ofrecer un amplo abanico de posibilidades turísticas aos viaxeiros.

As rutas —froito da colaboración entre Renfe, a Axencia de Turismo de Galicia e Inorde— combinan viaxes en tren con visitas a lugares especiais da xeografía galega. O número de prazas ofertadas esta tempada é de máis de 2.600, cifra récord de todo o histórico desde 2013.

Renfe, Turismo de Galicia e Inorde colaboran un ano máis nesta iniciativa que aúna turismo, tren e lecer

Os prezos para mantéñense desde 2019: 45 euros adulto e 20 euros neno por ruta. A reserva e compra dos billetes pódese realizar nos despachos de billetes de calquera estación de Renfe, na súa web e en axencias de viaxe concertadas con Renfe. Ademais, os usuarios destes trens, poden beneficiarse do Galicia Rail Pass, un abono para percorrer a comunidade durante tres días consecutivos.

O tren en Fazouro.

Este 2023, son 14 os distintos itinerarios ofertados, entre os cales se atopan dúas novidades con respecto á tempada anterior: a xa mencionada Ruta das Camelias en Flor, que deleitou aos viaxeiros o pasado marzo, e a Ruta Experiencia Mega e A Coruña 1906. Son un total de 34 saídas para percorrer a Galicia máis máxica. 

Ruta dos Faros

A Ruta dos Faros levará ao viaxeiro ata Estaca de Bares, o punto máis setentrional da península Ibérica, e outros lugares singulares do litoral norte de Galicia, como son o cabo Ortegal ou os cantís de Vixía Herbeira, dos máis altos de Europa, así como o santuario de San Andrés de Teixido. Percórrense a pé as rúas do centro histórico de Viveiro. Xa de regreso visítanse os famosos cantís de Loiba. Natureza en estado puro.

Ruta dos Pazos e Xardíns Históricos de Galicia

Neste itinerario descóbrense xoias botánicas recoñecidas internacionalmente como Xardíns de Excelencia. A xornada comeza coa visita do Pazo Quinteiro da Cruz e o seu xardín deseñado por un paisajista francés, con degustación do seu té de elaboración propia. Visítase Soutomaior e o seu castelo, cun paseo polo parque que o rodea, no que sobresaen árbores singulares e camelias con nome de muller. Tras o xantar, os viaxeiros trasládanse a Vilagarcía de Arousa e percorren o xardín do Pazo de Rubiáns.

Visita na ruta do Viño Rías Baixas.

Ruta do Viño Rías Baixas

Esta ruta levará ao viaxeiro ao corazón da comarca do Salnés, subzona da Denominación de Orixe Rías Baixas. Desde o tren pódese gozar da paisaxe da ría de Arousa antes de visitar a adega do Pazo Baión, rodeado de viñedos, e a vila de Cambados, “capital do albariño”, e o seu conxunto monumental de Fefiñáns. Pola tarde, un paseo en barco pola ría de Vigo permitirá coñecer historias de trobadores, batallas e novelas, desembarcando na fermosa illa de San Simón.

Ruta dos Viños do Ribeiro – Rías Baixas

Esta ruta ten por eixo o río Miño, visitando en primeiro lugar a adega Señorío de Rubiós, onde se degustarán os seus viños do Condado, subzona da Denominación de Orixe Rías Baixas. A viaxe continuará en Ribadavia, capital do Ribeiro, cunha visita ao Museo do Viño de Galicia, situado na reitoral de Santo André de Camporredondo. A continuación, retrocédense máis de vinte séculos no tempo no castro de San Cibrao das Viñas, un dos maiores de Galicia. A xornada finaliza visitando a estación de Santa Cruz de Arrabaldo, convertida en museo.

Ruta do Viño Monterrei

Este tren viaxará ao sueste de Galicia, visitando a Denominación de Orixe Monterrei, degustando os seus viños no monumento máis singular da comarca, o castelo de Monterrei e na adega Gargalo, situada ao pé. Despois de estar en Verín, co seu centro histórico, gozarase dun agradable paseo polas estreitas rúas de Allariz e o seu Festival Internacional de Xardíns, ás beiras do río Arnoia. Por último, haberá unha visita á estación de Baños de Molgas, reconvertida en museo e restaurante.

Ruta da Lamprea

Desde Pontevedra o viaxeiro achégase ata Salvaterra de Miño, onde se visita o Museo da Ciencia do Viño, situado no castelo. Máis tarde dará un paseo por Tui, o centro histórico e a súa catedral- fortaleza. Pola tarde sorprenderanse coas pesqueiras de Arbo, singulares construcións centenarias que serven para capturar a lamprea no río Miño. Visítase o centro de interpretación do viño e da lamprea “Arabo”. Finalmente, os viaxeiros acudirán ao Cooperativa Condado-Paradanta nas Neves, onde degustarán requesón, mel e viños da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Ruta dos Mosteiros

Nesta ruta penetrarasche no corazón de Galicia, visitando en primeiro lugar o chamado “Versalles galego”, o Pazo de Oca, onde se pode gozar dun paseo polos seus espectaculares xardíns. A continuación, arte e natureza fundiranse no mosteiro de Carboeiro, situado nun fermoso recuncho do río Deza. No Carballiño visitarás o seu monumento máis singular, o templo da Beira Cruz. A xornada finalizará no mosteiro cisterciense de Oseira, coa súa impresionante sala capitular.

Ruta dos Queixos de Galicia

Nesta percórrense tres do catro denominacións de orixe dos queixos de Galicia. En primeiro lugar, Sobrado dos Monxes, para coñecer a Casa do Queixo, onde degustarás o queixo de tetilla e Arzúa-Ulloa. A seguinte parada será a quesería Don Crisanto, en Vilalba co seu queixo San Simón da Costa. Tras o xantar, en Lugo o viaxeiro descubrirá o proxecto de ecoagroturismo de Arqueixal, en Albá (Palas de Rei) co queixo Arzúa-Ulloa como produto estrela.

Ruta das Mariñas

O tren irá desde A Coruña até Ferrol polas Mariñas e Terras do Mandeo, Reserva da Biosfera. A primeira parada será Betanzos, unha das capitais do antigo Reino de Galicia, onde se visitará o seu centro histórico. A continuación, re realiza unha visita ás instalacións de Orballo en Paderne, que conta coa única plantación de té da Europa continental. O tren achegarase a Pontedeume, co seu torreón e ponte medieval, símbolos da vila. A xornada finalizará en Ferrol, cun paseo en barco pola súa ría, defendida polos castelos da Palma e San Felipe, e un paseo polo barrio da Madalena, do período da Ilustración.

O tren ao seu paso pola ensenada de San Simón, na ría de Vigo.

Ruta da Camelia en Flor

A camelia foi a protagonista nesta ruta. Visitáronse tres xardíns que contan coa certificación de Excelencia Internacional. En primeiro lugar, o Pazo Quinteiro da Cruz, un verxel no corazón do Salnés. Nel florecen máis de 5.000 exemplares de camelias de máis de 1.500 variedades, entre elas a sinensis, a partir da cal elaboran o seu propio té, que o viaxeiro poderá degustar. A continuación, no castelo de Soutomaior coñeceuse o seu xardín de camelias con nomes de muller: Rosalía de Castro, María Casares ou a Bela Otero. Finalmente, visitouise o Pazo de Rubiáns, cuxos xardíns naceron no s XVII e ao que se foron incorporando magnolios, criptomerias ou araucarias. Conta con máis de 800 variedades de camelias e unha leira de albariño, veu que se degustará ao acabar a visita.

Ruta Experiencia Mega e A Coruña 1906

Neste tren viaxarase até A Coruña para coñecela dunha maneira diferente. Regrésase no tempo até 1906, da man dun guía moi especial. Nese ano nacía unha das empresas máis recoñecidas do país: Estrela Galicia. O viaxeiro terá a oportunidade de coñecer o seu museo MEGA, e vivir unha experiencia inmersiva nas súas instalacións, finalizando a visita cunha degustación de cervexa e produtos galegos. Pola tarde, en Abegondo descubriranse dous dos elementos básicos para a elaboración da cervexa: a auga do encoro de Cecebre e o lúpulo, cultivo que está en pleno proceso de recuperación e expansión nesta comarca das Mariñas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Yolanda Prezado: “Coa protonterapia erradicamos o 83% dos tumores en estudos preclínicos”

A científica galega referente en París incorpórase ao CiMUS para impulsar a investigación en Galicia da terapia con protóns

A RAGC homenaxea cunha placa a Manuel Colmeiro, Científico Galego do Ano 2023

O acto terá lugar o vindeiro luns no Parque das Ciencias ás 12:30 horas, ao que asistirá a alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín

Os neandertais usaban ‘pegamento’ para fabricar as súas ferramentas

O descubrimento deste adhesivo, que supón unha solución técnica complexa, implica un alto nivel de cognición
00:03:05

R de Revolta: o autogoberno irmandiño de “todos á unha”

Entre 1467 e 1469 a rebelión do poder popular arremeteu contra as fortalezas do Reino, o símbolo material da violencia dos señores