A potente borrasca Benjamin provocará fortes ventos e baixada das temperaturas en Galicia

A comunidade queda fóra da influencia da depresión atmosférica, con ceos despexados e sen apenas precipitacións nas xornadas finais da semana

Parece que a Galicia lle vai custar deixar atrás o bloqueo anticiclónico que vén marcando as últimas semanas. Aínda que no resto da península xa se deixa sentir a primeira borrasca de grande impacto da temporada, Benjamin, todo indica que non terá apenas incidencia sobre o territorio galego a partir deste xoves, 23 de outubro.

A borrasca, nomeada por Météo France, deixou o mércores 22 de outubro chuvias intensas en puntos do norte peninsular, como os 81,8 mm en Rois (A Coruña) ou os 54,8 mm na Estrada (Pontevedra). Porén, a situación mellora rapidamente, e xa durante o xoves Galicia comeza a recuperar estabilidade.

Publicidade

Segundo elTiempo.es, aínda que a fronte asociada a Benjamin seguirá avanzando cara ao noroeste peninsular, con precipitacións e fortes refachos de vento, o seu impacto concentrarase no Cantábrico, Castela e León, e a área pirenaica.

De feito, MeteoGalicia informaba a través do seu perfil de X que, tras a meteoroloxía adversa dos últimos días, a comunidade comezará o xoves unha nova fase de recuperación da influencia anticiclónica, con ceos despexados.

Publicidade

Que pasará nos próximos días?

Debido á escasa influencia da borrasca Benjamin sobre Galicia, MeteoGalicia prevé un predominio de tempo seco para o que resta da semana, agás algunhas chuvias ocasionais o sábado no extremo sur da comunidade.

Con todo, aínda que as precipitacións darán unha tregua, o descenso das temperaturas xa se deixa sentir. O ambiente será máis frío pola mañá e pola noite, con valores diúrnos suaves. As máximas máis altas agárdanse en Vigo, onde o domingo 26 de outubro poderanse acadar 22ºC.

Os modelos comezan a ver outra posible tendencia húmida cara finais de outubro e principios de novembro.
Os modelos comezan a ver outra posible tendencia húmida cara finais de outubro e principios de novembro. Foto: @RedMeteoP vía X

Pero, cando volverán as chuvias? David Domínguez, propietario do perfil @RedMeteoP, advirte de que os modelos comezan a apuntar a un posible cambio de tendencia cara a finais de outubro e comezos de novembro. En concreto, a partir do mércores 29 de outubro, podería abrirse un escenario máis húmido e inestable, aínda que, polo momento, é demasiado cedo para confirmalo con precisión.

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de sostible é o teu concello segundo os obxectivos para 2030? Compróbao neste mapa interactivo

A UVigo desenvolve unha plataforma aberta que avalía o grao de cumprimento dos 17 ODS a partir de 69 indicadores

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

Unha tese identifica unha Escola Galega de Percusión con ritmos e técnicas propias

A investigación de Cristian Silva Bóveda na USC recupera a historia dos intérpretes relegados e descifra os patróns de gravacións do século XX

Galicia está entre as zonas cun maior declive de polinizadores de Europa

Entre os anos 1921 e 2020, na rexión atlántica diminuíu un 42% a ocupación das especies de abellas e nun 32% a dos sírfidos