A forte borrasca Aitor activa a alerta laranxa por chuvia: estes son os concellos afectados

As provincias da Coruña e Pontevedra serán as máis afectadas con acumulados de precipitación superiores aos 80l/m2 en tan só 12 horas

Galicia vivirá este mércores unha complicada situación meteorolóxica. A borrasca Aitor, nomeada esta mañá pola Axencia Estatal de Meteroloxía (AEMET) como a primeira de gran impacto da tempada, provocará chuvias intensas, fortes refachos de vento e temporal marítimo. As provincias máis afectadas serán A Coruña e Pontevedra. De feito, Meteogalicia activou a alerta laranxa en 38 concellos por acumulacións de chuvia que poderán superar os 80 l/m2 en tan só 12 horas. No resto do territorio haberá aviso amarelo por precipitacións, aínda que menos abundantes, e por refachos de vento que poderán acadar os 80 km/h. Os avisos desactivaranse a partir da madrugada do xoves, cando aínda se espera tempo inestable pero menos adverso.

Máis polo miúdo, este mércores haberá 22 municipios coruñeses en alerta laranxa por chuvia. Son os seguintes: Camariñas, Vimianzo, Muxía, Zas, Dumbría, Cee, Fisterra, Mazaricos, Outes, Corcubión, Carnota, Muros, Noia, Porto do Son, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Lousame, Rianxo, Dodro, Rois e Padrón. En Pontevedra son 16: Lalín, Agolada, Rodeiro, Dozón, Vila de Cruces, Silleda, Forcarei, A Estrada, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Fornelos de Montes, Covelo, A Cañiza, Campo Lameiro, Moraña e Cuntis.

Publicidade

Interacción co río atmosférico

Segundo explica o meteorólogo Samuel Biener nun artigo publicado no portal Meteored, a adversa situación que se vivirá en Galicia nas próximas horas débese á interacción entre a borrasca Aitor e un río atmosférico. Este último, seguindo a definición do experto, “é unha autopista que distribúe a humidade dende zonas tropicais ou subtropicais a outras latitudes medias e altas do planeta”. A situación do Atlántico, cunhas temperaturas máis elevadas do agardado para esta época do ano, potencia que o río atmosférico transporte aínda máis humidade e descargue con forza en serras moi expostas a estes fluxos, como é o caso das galegas.

Canto máis cálida é a cor (vermello), máis precipitacións. Previsión para as 17 horas deste mércores segundo a aplicación Windy.

A previsión de precipitación emitida por Meteored dá conta das dimensións da borrasca Aitor e do río atmosférico. Segundo Biener, entre mércores e xoves espéranse máis de 100 l/m2 en zonas das montañas de Lugo, sur da Coruña e no oeste de Ourense. Tamén nas cidades de Santiago, Vigo, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa. A situación será aínda máis complidada nas serras de Pontevedra, que podería acadar entre 150 l/m2 e 200 l/m2 nas zonas nas que Meteogalicia activou a alerta laranxa. Biener tamén alerta de refachos de vento superiores aos 90 km/h nas serras de Pontevedra e nas zonas altas de Ourense.

Publicidade

Cando volven as altas presións?

Segundo o prognóstico de Meteogalicia, a borrasca Aitor irá perdendo a súa influencia sobre Galicia o xoves. Con todo, aínda se producirán chuvascos localmente treboentos e chuvias persistentes, cunha progresiva recuperación de estabilidade durante a tarde. O venres será unha xornada semellante ao día anterior e o máis significativo será o descenso brusco das temperaturas: as máximas quedarán por debaixo dos 20 graos e as mínimas roldarán os 10. Durante a fin de semana espérase que Galicia recupere progresivamente a influencia anticiclónica, mais dende o domingo ata o martes agárdanse probabilidades de precipitación que oscilan entre o 50% e o 65%.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia activa o sistema de alerta ante episodios de calor tras un mes de maio “moi cálido”

O último informe de Meteogalicia recolle o evento extraordinario de altas temperaturas rexistrado durante o mes pasado, que deixou máximas de 37,5 graos en Ourense

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos

Unha masa de aire ártico afunde as temperaturas en Galicia na fin de semana

A circulación do vento do norte e unha fronte feble causarán chuvascos intermitentes entre venres e domingo, cando se comezará a recuperar a influencia anticiclónica

Galicia rexistrou o cuarto abril máis seco da serie histórica

MeteoGalicia indica que a precipitación media acumulada foi de 35 litros por metro cadrado, que é un 69% inferior ao frecuente neste período