O Consello de Europa pide que se permita ensinar física, matemáticas, química ou tecnoloxía en galego

Segundo o informe, España estaría incumprindo algúns dos compromisos adquiridos coa Carta Europea en materia de protección das linguas minoritarias e cooficiais

“É necesario redobrar os esforzos para colmar as lagoas existentes e cumprir as obrigacións que impón o tratado”. Así de contundente é o informe de avaliación do Consello de Europa publicado este martes sobre o sistema español de protección de linguas rexionais e minoritarias. Segundo o informe, España estaría incumprindo algúns dos compromisos adquiridos coa Carta Europea. Para mudar a situación, os expertos que analizaron o actual estado de protección de ditas linguas lanzaron unha serie de recomendacións ás autoridades, destacando a necesidade de eliminar as limitacións que impiden empregar o galego como lingua de ensino en materias científicas como as matemáticas, a física, a química ou a tecnoloxía.

O Estado é responsable da lexislación básica en materia de educación, mentres que nas Comunidades Autónomas recae a competencia de completar e aplicar as leis educativas rexionais: “Con todo, as últimas sentenzas xudiciais que esixen unha porcentaxe mínima de ensino en castelán nalgunhas rexións entran en conflito coas obrigacións asumidas por España en virtude do artigo 8 da Carta, o cal é motivo de preocupación”, subliña o documento.

Publicidade

No informe, os expertos indican que a educación en galego non está garantida na etapa preescolar. Tampouco está implantada noutros aspectos da vida pública, como é o caso da xustiza, e neste sentido, o informe tamén subliña que non se garante que os tribunais poidan levar a cabo procedementos penais, civís ou mesmo administrativos en galego. O mesmo ocorre no caso da tramitación de documentos, expedientes e reclamacións en galego e dentro dos órganos de administración estatais.

O BOE, tamén nas linguas cooficiais

Na mesma publicación, o Consello de Europa esixe a publicacións dos textos lexislativos máis importantes a nivel nacional como o Boletín Oficial do Estado tamén nas linguas cooficiais, algo que no caso do galego estaríase incumprindo dende o ano 2021. Así mesmo, os expertos piden que se facilite información sobre o dereito do consumidor tamén en galego.

Publicidade

Outro dos aspectos que xera preocupación ao panel de expertos da Unión Europea é o relativo aos servizos de atención sanitaria e social: “As linguas rexionais e minoritarias oficiais nunca se empregan nos prospectos farmacéuticos“. Iso si: España aproba en materia de cultura, aínda que esta competencia é de cada Comunidade Autónoma. O Consello de Europa tamén suxire un maior apoio a todas as iniciativas que brinden un maior acceso aos xornais impresos en linguas rexionais e minoritarias, así como ás súas versións dixitais.

Segundo os datos estudados para realizar o informe, en Galicia ata o 88% da poboación entende o idioma e máis do 60% escribe sen dificultade o galego.

Podes ler a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias de España na seguinte ligazón.

Podes ler o actual informe na seguinte ligazón.

1 comentario

  1. Na miña opinión, penso que a educación nas linguas cooficiais de toda España é necesaria para garantir a continuidade do noso enorme patrimonio cultural. Por outra banda, tamén penso que sería satisfactorio o uso destas na medicina, aínda que se alguén non comprende algunha destas non está obrigado a ser inferior ca as demais persoas con fluidez na lingua.
    Comparto moitos aspectos co artículo presente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

A poboación de píllara das dunas mostra unha tendencia positiva e acada a cifra máis alta dende 2014

A Consellería de Medio Ambiente contabiliza 93 parellas reprodutoras da especie vulnerable en 25 praias galegas

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

As claves do regreso das candorcas: por que volven a avoa Toñi e a súa manda ás Rías Baixas?

O grupo, de entre oito e dez exemplares, regresa por terceiro ano consecutivo a Galicia seguindo o rastro do atún vermello e xeran interaccións coas embarcacións