A Coruña ou Vigo, posibles destinos da viaxe de Greta Thunberg

A activista sueca saíu este mércores dos Estados Unidos nun catamarán con destino ao cumio do clima que se celebrará a partir do 2 decembro en Madrid

Este mércores, a activista sueca Greta Thunberg saía de Estados Unidos a bordo do catamarán La Vagabonde, propiedade dunha parella australiana, para chegar a tempo ao Cumio do Clima que se celebrará en Madrid a partir do vindeiro 2 de decembro. Thunberg levaba desde finais agosto no país norteamericano, onde acudiu a outro encontro sobre o cambio climático na ONU, e tiña previsto viaxar a Chile, que ía acoller o cumio nun primeiro momento, desde alí. Porén, as protestas no país obrigaron a trasladar a reunión a España. E é posible que o iate no que viaxa a activista toque terra en Galicia. Así o recolle este martes Europa Press, citando a fontes do Concello da Coruña, que sosteñen que se está preparando un dispositivo para a chegada de Greta Thunberg nas vindeiras semanas. Outras fontes apuntan tamén cara a Vigo, algún punto da costa de Portugal ou Cádiz como outros dos lugares aos que podería chegar a embarcación.

Ao coñecerse o cambio de lugar do cumio, a moza, que se nega a viaxar en avión ou barcos que emitan gases causantes do efecto invernadoiro para desprazarse, lanzou unha petición a través das redes sociais, á que chegou a responder a ministra de Transición Ecolóxica do Goberno español, Teresa Ribera, ofrecendo a axuda que precisara. Finalmente, despois de valorar varias opcións, Greta Thunberg decidiu embarcarse no catamarán que saíu este mércores da costa estadounidense.

Publicidade

Situación do catamarán "La Vagabonde", no que viaxa Greta Thunberg, na mañá deste xoves.
Situación do catamarán “La Vagabonde”, no que viaxa Greta Thunberg, na mañá deste xoves.

Greta Thunberg acadou fama mundial no último ano despois de que en agosto do ano pasado, despois dunha vaga de lumes en Suecia, iniciara unha folga escolar ata as eleccións suecas, para esixir aos gobernantes que actuasen fronte ás consecuencias do cambio climático e ás causas que o provocan. A protesta comezou a ter resposta entre a mocidade de moitas partes do mundo, con convocatorias de folga coñecidas como os Venres polo Clima ou Fridays for Future.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O verán galego é 1,8 graos máis cálido que hai 60 anos

O investigador do CSIC Dominic Royé explica que aumentou a temperatura media e cada vez hai máis eventos meteorolóxicos extremos como ondas de calor, secas ou alteracións nos patróns de choiva

Catro claves para crear bosques urbanos e combater a crise climática dende as cidades

Unha urbe sen árbores posúe unha menor infiltración de auga, temperaturas máis altas e unha poboación con máis enfermidades

Da Torre de Hércules ao Castro de Elviña: percorre o patrimonio da Coruña a través da eclipse

O concello sinala 46 puntos privilexiados dende os que se poderá vivir a fase de totalidade do fenómeno astronómico do ano

O mosquito tigre expándese por Galicia: detectado por primeira vez na Coruña

A Rede Galega de Vixilancia de Vectores sinala que é o único rexistro na zona norte da comunidade e súmase aos doce concellos do sur