Galicia sae á rúa ante a emerxencia climática

Os estudantes encabezan a mobilización nas cidades galegas no movemento mundial Fridays for Future

Milleiros de persoas saíron á rúa en Galicia este venres para esixir medidas urxentes ante a emerxencia climática. As mobilizacións marcharon polo centro das principais cidades galegas, convocadas principalmente polos estudantes que participan no movemento mundial ‘Fridays for Future‘.

O Movemento Galego polo Clima difundiu un comunicado alertando da situación de “emerxencia climática” que padece o noso planeta e ante a inminente chegada a un “punto de non retorno” que mesmo comprometería a supervivencia da especie humana.

Publicidade

Máis de 70 colectivos e entidades participaron nas diferentes marchas na Coruña, Pontevedra, Vigo, Ourense, Lugo, Ferrol e Compostela. O estudante de Bioloxía Kai Baltrusch, portavoz do Movemento Galego polo Clima, n apuntou que este é “un momento histórico, sen precedentes”, no que respecta a a mobilización da mocidade na loita contra o cambio climático.

Aquí podes ver unha galería de imaxes do MGPC da concentración e marcha celebrada en Vigo na mañá deste venres.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Glaciares sacros e plantas rituais: o que o cambio climático está levando por diante

O fenómeno ameaza culturas de todo o mundo que teñen moi pouca responsabilidade nas súas causas e que ás veces o ven como un "castigo divino"

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada

Ourense, Lugo e Santiago, as cidades galegas con máis mortes por calor na última década

O informe de 2026 do 'Lancet Countdown' revela que o cambio climático ten consecuencias directas sobre a saúde pública nas urbes europeas

Unha nova pintura chega á Coruña: a viaxe dunha táboa flamenga recuperada do tráfico de arte

A peza, do século XVI e atribuída a un pintor anónimo, foi localizada en Italia tras ser exportada ilegalmente dende España