A borrasca Nuria acende a alerta na Coruña e provocará treboadas en toda Galicia

Un sistema de baixas presións situado no oeste peninsular causará unha profunda inestabilidade na fachada atlántica ata o venres

Nuria. Ese é o nome designado pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) para a nova borrasca de alto impacto que azoutará a península nas próximas horas. Situada ao oeste, Galicia será unha das zonas máis afectadas polo sistema de baixas presións. O prato máis forte será este mércores, coa entrada dunha fronte fría pola tarde que deixará fortes treboadas en todo o territorio. Ademais, acenderase a alerta amarela na costa noroeste da Coruña por mar de vento de forza 7. A inestabilidade será protagonista do escenario meteorolóxico galego ata, polo menos, o venres.

A borrasca Nuria deixará chuvias xeneralizadas en practicamente todo o Estado pero Galicia será unha das comunidades máis afectadas, xunto ao oeste de Castela e León, o oeste de Andalucía e Estremadura. É dicir, a fachada atlántica. Dende eltiempo.es indican que haberá precipitacións abundantes nestes puntos, con posibilidade de fortes treboadas, e tamén intensos refachos de vento. Polo momento, as alertas en Galicia circunscríbense a este mércores no noroeste da Coruña pero poderían ampliarse nas próximas horas.

Publicidade

O tempo continuará moi inestable nos próximos días, malia que non se producirá un forte descenso das temperaturas debido á masa de aire subtropical que impulsa a borrasca Nuria. Así, os valores máximos de cara aos próximos días roldarán os 20 graos.

Días moi primaverais

O sistema de baixas presións irase desprazando cara ao suroeste peninsular ao longo do xoves, polo que o seu impacto en Galicia irase reducindo. Aínda será un día marcado por unha profunda inestabilidade e chuvascos localmente tormentosos, sobre todo na metade sur e no interior. En canto ao venres, predominarán as precipitacións e os ceos anubrados. De cara á fin de semana, Galicia estará situada nunha zona intermedia entre as altas e as baixas presións, polo que se agardan días moi primaverais. É dicir, con nubes e claros e probabilidade de chuvascos intermitentes.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que tempo irá en Galicia en Semana Santa? Isto apuntan os primeiros prognósticos

A AEMET sinala que non se poden descartar chuvias no terzo norte pero advirte que a predición pode "variar considerablemente" nos próximos días

Da Regina aos 22 graos: por que Galicia vivirá unha semana de tempo tan cambiante?

Unha valgada achegarase dende o Atlántico a partir do xoves e provocará un brusco descenso térmico e unha elevada probabilidade de precipitación en toda Galicia

Das inundacións de 1571 a Hortensia: seis episodios de chuvia extrema na historia de Galicia

Os rexistros da AEMET indican que a cidade da Coruña rexistrou 31 días seguidos de precipitacións en decembro de 1935

Temporal sen tregua: o tren de borrascas garante outra semana de fortes chuvias sen previsión de amainar

Un novo sistema de baixas presións nomeado Leonardo provocará tempo inestable, cando menos, ata o martes 10 de febreiro