20 graos de diferenza en 12 horas: Galicia vive unha fin de semana de oscilación térmica

O sábado e o domingo volverán as chuvias febles e os ceos nubrados, con temperaturas baixas para a época do ano

O mes de maio está a piques de chegar á súa fin e a primavera entra na súa recta final. Con todo, o tempo das últimas semanas non parece presaxiar a chegada do verán. Con chuvias intermitentes, nevaradas nas zonas de montaña, temperaturas que non superan os 20 graos e a predominancia dos ceos nubrados, Galicia dálle, por fin, a benvida ao anticiclón. Porén, as altas presións desta fin de semana non serán sinónimo de calor. Malia que o venres se chegará aos 28 graos en Ourense, e o resto de cidades galegas estarán arredor dos 23 graos de máxima, entre sábado e domingo os valores volverán estar por debaixo dos 20 graos. O que máis destaca desta fin de semana é a oscilación térmica: nun abano de tan só 12 horas, os termómetros baixarán dos 28 aos 8 graos en Ourense; e dos 24 aos 4 graos en Lugo. No resto de cidades, haberá entre 10 e 15 graos de difereenza entre o día e a noite.

Segundo o prognóstico de Meteogalicia, o día máis estable de toda a fin de semana será este venres, cando dominen claramente as altas presións e se acaden os 28 graos en Ourense, chegando a unha temperatura máis propia desta época do ano. O resto de cidades galegas estarán entre os 23 e os 24 graos de máxima e roldando os 10 de mínima. Estes valores afástanse considerablemente do prognóstico que se agarda para o resto da península, especialmente no sur, cando se esperan temperaturas que acaden os 35 graos. O meteorólogo Mario Picazo explica no portal eltiempo.es que os termómetros non ascerán tanto en Galicia e, en xeral, na cornisa cantábrica, porque segue habendo aire frío en altura e en superficie, que non se retirará de todo pese á chegada do anticiclón.

Publicidade

Volve a inestabilidade

De feito, Galicia recuperará a inestabilidade durante o sábado, cando está previsto que entre unha fronte debilitada polo litoral atlántico que vai deixar precipitacións, sobre todo, durante a tarde. Agárdase que os ceos estean moi nubrados en todo o territorio, agás nas montañas de Lugo e Ourense. Segundo Meteogalicia, é probable que haxa chuvias febles e orballo que serán máis probables no litoral atlántico e nas horas centrais do día. No que respecta ás temperaturas, volverán experimentar un acusado descenso, que as levará a roldar os 20 graos. De feito, en Santiago non se agardan máis de 15 graos de máxima. No outro extemo estará Ourense, que rozará os 23, a máxima de todas as cidades galegas. De novo, volve haber unha importante oscilación térmica, dado que as temperaturas nocturnas estarán arredor do 10 graos.

A situación atmosférica será moi semellante o domingo, cando xa pase a fronte pero quede en Galicia moita humidade. Isto provocará ceos nubrados en todo o territorio e chuvias febles, que serán máis probables no noroeste. As temperaturas tampouco experimentarán cambios significativos respecto ao sábado e volverán roldar os 20 graos de máxima e os 10 de mínima. Con todo, parece que Galicia recuperará a estabilidade durante o comezo da vindeira semana. De feito, o servizo meteorolóxico galego agarda que as altas presións entren progresivamente a partir do luns, con ceos que estarán cada vez máis despexados conforme avance a xornada e se rexistre un aumento lixeiro das máximas. En relación ao resto da semana, a previsión é que continúe o tempo estable e as temperaturas sexan máis acordes á época do ano.

Publicidade

1 comentario

  1. Muitas grazas polo voso traballo. Desde que coñecín a vosa web estou encantado pola calidade dos vosos traballos.
    Avante!!!

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un home morre en Francia tras infectarse co virus Shamonda, o primeiro caso humano coñecido

Trátase dunha enfermidade que afecta principalmente ao gando, detectada en Europa este verán e xa notificada en España

A fertilidade feminina diminúe coa idade: un 15% en tan só quince años

O CiMUS da USC participa nunha curtametraxe divulgativa que combina ciencia e danza para explicar os efectos de pospor a maternidade

Descuberto un trisquel cun gravado petróglifo na Guarda, unha peza única en Galicia

O achado produciuse durante unha campaña da cooperativa Árbore Arqueoloxía no castro do Pico da Bandeira, onde tamén apareceu unha terceira vivenda circular

Un equipo de Santiago publica un estudo pioneiro para tratar unha complicación da enfermidade de Crohn

O ensaio clínico realizado polo IDIS e o CHUS avalía un innovador fármaco oral que amosa resultados preliminares positivos