199 euros por poñerlle o teu nome á próxima borrasca

Hoxe barre Galicia a borrasca Inbeom, que leva o nome dun cidadán alemán chamado Kim Inbeom, quen pagou por ela os preceptivos 199 euros que cobra a Universidade Libre de Berlín por bautizar unha fronte fría. Esta semana, xa pasaron por Galicia o ciclón Hubert (por Hubert Reh) e Gordon (por Gordon Brodte). E nos vindeiros días o tren de borrascas traerá dende o Atlántico ao Júrgen (por Jürgen Karsten) e ao Kurt (por Kurt Widemann). Como vemos, a inicial dos nomes é correlativa seguindo a orde alfabética. E todos os nomes das baixas presións do 2017 son de homes, como corresponde aos anos impares. Nos anos pares, levan nome de muller.

Universidade Libre de Berlín.
Universidade Libre de Berlín.

Así que as tormentas levan nomes de persoas reais. E pode levar o de calquera. Abonda con anotarse na web da Universidade Libre de Berlín. O prezo son 199 euros. Que poden resultar nun orixinal agasallo para San Valentín, por exemplo. Ou a oportunidade de dar unha sorpresa ao teu xefe. O seu nome sairá en todos os telexornais, mentres -se cadra unha boa- a borrasca destrúe paseos marítimos, derruba árbores, pecha aeroportos e corta electricidade, estradas e vías férreas. E a actual maioría de nomes alemáns podería combinarse con tormentas Xan, Pepiño, Xurxo ou Breogán.

Publicidade

En Europa, o organismo encargado dos nomes é a Universidade Libre de Berlín. Abonda encher un formulario e aboar o prezo. O bautismo prodúcese por orde alfabética entre todos os que pagaron. E cando se chega á “z”, volve empezar pola “a”. Só é obrigatorio pagar se finalmente unha tormenta leva o nome reservado.

A Universidade Libre berlinesa leva dende 1954 asignando os nomes aos fenómenos atmosféricos europeos. E dende 2002, permite aos cidadáns bautizalos,. Os anticiclóns, máis duradeiros, son tamén máis caros: 299 euros. Pero non adoitan ter o impacto mediático das tormentas. Co diñeiro recadado, o Instituto de Meteoroloxía de Berlín financia parte das súas actividades.

Publicidade

Non é posible por agora bautizar os ciclóns tropicais. No caso dos tifóns (no Pacífico) e dos furacáns (no Atlántico), o nome asígnallo a Organización Meteorolóxica Mundial. O costume xurdiu durante a II Guerra Mundial nos EUA e mantense ata hoxe, con nomes xa míticos como o Katrina, que arrasou Nova Orleáns en 2005.

O programa para as borrascas europeas ten o nome “Adopt a Vortex” (adopta un vórtice). E no seguinte enlace están os formularios para poder dar nome a unha próxima borrasca sobre Galicia: ADOPT A VORTEX.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica