A presenza da muller na escritura na Idade Media, a debate nun congreso en Santiago

Máis de 60 investigadores de todo o mundo daranse cita esta semana en Santiago para indagar desde unha perspectiva de xénero na relevancia social e literaria que adquiriron as mulleres medievais, especialmente a partir do século XII. O congreso internacional A presenza feminina na escritura. Voces de mulleres na Idade Media’ inaugúrase este mércores, 1 de febreiro, ás 10.00 horas no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

cartel_martes_31

A investigación sobre a importancia da muller medieval foi tradicionalmente marxinada nos estudos clásicos, supeditada á maior transcendencia histórica dos varóns. Pero ademais das mulleres que cobran relevancia social existe un importante elenco de figuras femininas que compoñen lírica (trobairitz occitanas) e relatos narrativos (María de Francia), que acompañan aos trobadores na súa actividade poética (xograresas e soldadeiras), que son suxeito finxido de composicións líricas ou destinatarias doutras, ao tempo que reciben críticas feroces en pezas satíricas de diferente tipoloxía, sobre todo na última época.

Publicidade

O encontro tratará de examinar o seu protagonismo atendendo ao contexto histórico e á súa representación nos textos literarios, xa sexa como autora ou como protagonista de obras de carácter amoroso (fundamentalmente lírico) e satírico.

Así pois, ao estudo de voces femininas relevantes como Marie de France ou Christine de Pizan –ambas as dúas protagonistas dos relatorios do acto inaugural– sumaranse ata o día 3 presentacións de recursos dixitais de referencia sobre os estudos das voces de mulleres na Idade Media, tanto desde o punto de vista histórico como literario, ou reflexións sobre as voces de mulleres medievais en disposicións testamentarias, o ensino da Filosofía Medieval en Secundaria desde a perspectiva de xénero, o antirretrato feminino ou as mulleres en ámbitos minorizados como o mozárabe, o musulmán ou o hebreo.

Publicidade

A reunión científica, cuxo comité organizador dirixe a profesora da USC Esther Corral Díaz, enmárcase dentro do proxecto de investigación ‘Voces de mujeres en la Edad Media Románica: realidad y ficción (siglos XII-XIV)’ (MINECO-FFI-2014-55628-P) e, ademais de dar cabida a relatorios impartidos por especialistas de referencia no ámbito internacional, ofrecerá un foro de difusión para a presentación de comunicacións do persoal investigador das áreas dos estudos humanísticos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que se executaba á xente hai 1.000 anos?

A Idade Media non inventou a pena de morte, un procedemento que xa existía no mundo romano e que perviviu ata non hai tanto en Europa occidental

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Mesa redonda: como derrubar os estereotipos da muller científica

A segunda sesión do ciclo contará coa participación das investigadoras galegas Laura Castro, Gloria González e Beatriz Fernández

Da forca á decapitación: as principais formas da pena de morte no noroeste ibérico durante o medievo

A investigación da USC de Abel de Lorenzo, recollida nun libro, documenta os perfís sociais de quen padece e executa este tipo de condenas e como se orixinan

Unha historia de resistencia na Galicia do século X: a neta que denunciou o avó por violación

O investigador Abel de Lorenzo rescata os casos de violencia sexual na Alta Idade Media no noroeste peninsular