Os renovados vídeos do famoso parto da Domus chegan ao museo coruñés

Despois de 27 anos, a popular gravación que impactou a centos de estudantes actualiza as súas imaxes

O famoso vídeo do parto da Domus, un dos elementos icónicos deste museo coruñés, acaba de actualizarse. En 1995 abríase por primeria vez esa sala, onde se reproducía a viral gravación do nacemento dun neno, vídeo que ao longo dos seus 27 anos de existencia espertou sentimentos e sensacións de todo tipo, dende o rexeitamento á fascinación. A súa renovación, que manterá a esencia da proposta orixinal, supón un fito moi importante para a cidade. Por unha banda porque se renova a aposta por achegar a público de todas as idades os detalles dun proceso biolóxico polo que pasamos todos, e que ten lugar case 400.000 veces cada día por todo o planeta.

Pero xunto a esa dimensión biolóxica, o parto ten tamén unha dimensión social, xa que ao nacer pasamos a formar parte dunha familia e dunha sociedade, así como unha dimensión emocional para as persoas que están vinculadas ao bebé, empezando pola nai, e que se estende ao resto da familia, amizades e o persoal sanitario. Neste sentido, o parto da Domus é tanto unha celebración da vida como unha invitación para reflexionar sobre o amor, os vínculos familiares ou os dereitos da infancia.

Publicidade

Dous nacementos novos na Coruña

No novo módulo da Domus pódense ver as imaxes de dous nacementos. É un momento único no que se mesturan a dor, a alegría e a emoción. A experiencia varía dunha muller a outra, dependendo da sensibilidade, as expectativas e a contorna que a rodea. Para o bebé, o propio nacemento é un acontecemento dunha intensidade extraordinaria. O choque de adrenalina contrarresta a falta de osíxeno na etapa final e prepara ao bebé para o cambio repentino á respiración cos seus pulmóns.

Un dos nacementos que podemos ver na Domus foi cedido polo Servicio Galego de Saúde e tivo lugar no Hospital Materno-Infantil Teresa Herrera da Coruña. O segundo parto foi cedido pola produtora Vaca Films, e tivo lugar no Hospital Quirónsalud da Coruña. Este último forma parte das imaxes rodadas para a película Quien a hierro mata, protagonizada por Luís Tosar.

Publicidade

Os directivos da Domus coinciden en que a proxección do ano 1995 dun parto explícito, en aberto e para todos os públicos, supuxo unha novidade e un impacto que ata entón ningún museo mostrara da mesma forma. O parto daquel neno converteuse nun dos atractivos do museo e marcou decenas de xeracións de estudantes que durante os últimos 27 anos pasaron por aquela sala de visionado. As novas gravacións pretenden seguir os pasos do pioneiro parto da Domus, educando e ensinando aos máis novos á diversidade deste proceso biolóxico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Da Torre de Hércules ao Castro de Elviña: percorre o patrimonio da Coruña a través da eclipse

O concello sinala 46 puntos privilexiados dende os que se poderá vivir a fase de totalidade do fenómeno astronómico do ano

O mosquito tigre expándese por Galicia: detectado por primeira vez na Coruña

A Rede Galega de Vixilancia de Vectores sinala que é o único rexistro na zona norte da comunidade e súmase aos doce concellos do sur

O mapa dos novos Soletes da Coruña: 17 locais imprescindibles recomendados por famosos

Javier Gutiérrez, Sara Escudero, Tamar Novas e o grupo musical Sanguijuelas del Guadiana recomendan establecementos en Ferrol, Santiago de Compostela e A Coruña

Media Galicia en alerta vermella pola calor: estes son os 117 concellos afectados

A influencia das altas presións producirá que algúns episodios se prolonguen ata cinco días, sobre todo en Ourense, A Coruña e Lugo