Os plans dos Museos Científicos Coruñeses para unha fin de semana con nenos

As opcións son moitas e variadas: achegarse ás focas do Aquarium ou ver unha película no Planetario ou na Domus

Coñecer os coidados das focas do Aquarium, observar con detalle as impresionantes imaxes do telescopio James Webb e sesións de cine sobre o astronomía e arqueoloxía son algunhas das posibilidades que ofrecen os Museos Científicos Coruñeses para esta e calquera fin de semana do mes, ademais do resto de exposicións de cada un dos edificios. As programacións do Aquarium, a Casa das Ciencias e a Domus perseguen divulgar o coñecemento cientifíco para todos os públicos e, por iso, son perfectas para unha plan diferente coa rapazada.

Aventura coas focas (Aquarium)

En marzo remata a primeira quenda trimestral do ano de “Aventura coas focas”, para o que se debe acudir con reserva previa —sen custe adicional ao abono base de 10 euros—. É un taller de divulgación científica con longa tradición no Aquarium que achega a rutina diaria das focas que viven nas piscinas exteriores. Durante os 90 minutos de actividade as persoas participantes coñecerán desde dentro os coidados destes animais mariños: visitarán a cociña do Aquarium, participarán na preparación dos alimentos e accederán ás plataformas exteriores onde se alimenta e revisa o estado destes mamíferos mariños.

Publicidade

“Aventura coas focas” celébrase todas as fins de semana entre as 11.00 e as 12.30 con doce prazas por sesión. A actividade está dirixida a maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do libro de familia onde figure o nome e a data de nacemento. Os nenos e nenas deberán ir acompañados durante toda a actividade por unha persoa adulta que se fará cargo dun máximo de dous menores.

Un obradoiro anterior de "Aventura coas focas".
Un obradoiro anterior de “Aventura coas focas”.

A través do James Webb (Casa das Ciencias)

A Coruña xa presume de ter unha mostra do avance científico do 2022 segundo a revista Science: o Telescopio James Webb. Desde o mes pasado, a Casa das Ciencias presenta na súa planta baixa unha selección de nove fotografías capturadas por este aparello, con sete veces máis superficie que o seu predecesor, o Hubble. Calquera que se achegue poderá ver, entre outros, o nacemento dunha estrela no centro dunha nube de gas e po con forma de reloxo de area e unha perspectiva de Xúpiter na que se aprecian as súas características franxas horizontais, os seus aneis ou os seus satélites.

Algunhas das fotografías expostas no museo coruñés.
Algunhas das fotografías expostas no museo coruñés.

Cine no Planetario e na Domus

Os Museos Científicos da Coruña tamén contan coas súas propias carteleiras, coma se de un cine se tratase. Durante todo o mes de marzo, os sábados, domingos e festivos o Planetario da Casa das Ciencias ofrecerá unha programación para todo o día. As entradas só se poden adquirir na recepción o mesmo día da sesión por un suplemento adicional de 2 euros sobre o precio base, tamén 2 euros. Para os máis previsores, o último sábado de marzo o Planetario ofrece dúas sesións especiais que substitúen os pases das dúas primeiras películas do día.

  • 11.30. A noite é necesaria. Maiores de 10 anos; excepto último sábado do mes
  • 13.00. O ceo de Cloe. De 4 a 6 anos; excepto último sábado do mes
  • 17.00. Polaris. Maiores de 7 anos
  • 18.00. Lévame á Lúa. Maiores de 10 anos

Por outra banda, a Domus ten o seu propio catálogo de contidos audiovisuais para facer accesible a historia a todos os públicos. En busca del primer europeo (pases ás 12.00 e ás 17.00) é unha viaxe científica con moito humor e aventuras no que Luís Quevedo dá vida a un mozo que busca respostas, e Eudald Carbonell, científico e codirector dos xacementos de Atapuerca, a un eminente paleontólogo. A outra opción, The Melting Point: A desaparición dos glaciares pirenaicos (documental gañador do Prisma 2021 ao mellor vídeo) proxéctase ás 13.00 e ás 18.00.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:00:35

Unha vintena de luras que cambian de cor, novas hóspedes do Aquarium Finisterrae

A especie 'Loligo vulgaris' distribúese por todo o Atlántico oriental, vive a unha profundidade de 500 metros e ten tres corazóns

Unha primeira edición de ‘20.000 leguas de viaxe submarina’ chega ao acuario da Coruña

A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias cedeu o exemplar para a súa exhibición na sala Nautilus

Os Museos Científicos Coruñeses celebran a Semana da Ciencia con entradas gratuítas

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae permitirán o acceso sen custo ás súas instalacións dende o 9 ao 17 de novembro

O gabinete do Capitán Nemo máis espectacular, no Aquarium da Coruña

Un vídeo feito polos traballadores do Aquarium Finisterrae amosa a Sala Nautilus dende a perspectiva dos peixes que nadan ao seu redor