A Casa das Ciencias inaugura unha exposición con imaxes do telescopio James Webb

O museo coruñés presenta unha mostra de nove fotografías sacadas polo observatorio espacial da NASA

A finais do ano pasado, a revista Science escolleu o Telescopio Espacial James Webb como o avance científico do 2022. Este proxecto, liderado pola NASA e coa colaboración das axencias espaciais europea e canadense, comezou a capturar o pasado verán espectaculares instantáneas de enorme interese  científico. 

En comparación co seu predecesor, o Telescopio Espacial Hubble, o espello principal do James Webb, recuberto de ouro, ten sete veces máis superficie, o que lle permite detectar obxectos moito máis febles e acadar moita máis resolución nas imaxes. Ademais, dispón de instrumentos optimizados para captar a radiación infravermella que desprenden os obxectos do ceo. Deste xeito pode escrutar moito máis lonxe e, polo tanto, acceder a  eventos máis remotos no tempo como, por exemplo, o nacemento das primeiras estrelas e galaxias.  

Publicidade

Agora, a Casa das Ciencias presenta na súa planta baixa unha colección de nove desas extraordinarias imaxes nas que se poden observar, por exemplo, o nacemento dunha estrela no centro dunha nube de gas e po con forma de reloxo de area; unha perspectiva de Xúpiter na que se aprecian as súas características franxas horizontais, os seus aneis ou os seus satélites; o bordo da nebulosa de Carina, que lembra unha paisaxe montañosa baixo o ceo nocturno; ou a galaxia do Abano, cunha extraordinaria definición dos seus  brazos espirais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os Museos Científicos Coruñeses celebran este sábado unha xornada de portas abertas

A Casa das Ciencias, o Aquarium Finisterrae e a Domus festexan o Día dos Museos con entrada libre e gratuíta ás súas salas e actividades

De peixes mutantes a súper quenllas: os 14 obradoiros cos que o acuario da Coruña celebra a Feira Isabel Zendal

Profesorado da Universidade da Coruña impartirá diversos talleres sobre saúde, bioloxía e os animais máis característicos do museo
00:00:35

Unha vintena de luras que cambian de cor, novas hóspedes do Aquarium Finisterrae

A especie 'Loligo vulgaris' distribúese por todo o Atlántico oriental, vive a unha profundidade de 500 metros e ten tres corazóns

Unha primeira edición de ‘20.000 leguas de viaxe submarina’ chega ao acuario da Coruña

A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias cedeu o exemplar para a súa exhibición na sala Nautilus