Venres 29 Marzo 2024

Os usuarios de Alexa en Galicia suman máis de 200 millóns de interaccións no último ano

A Coruña ocupa o primeiro posto na clasificación galega, con 100 millóns de solicitudes, seguida de preto por Pontevedra, Lugo e Ourense

Galicia está entre as cinco comunidades autónomas que máis interacturaron con Alexa —a asistente virtual de Amazon— durante o último ano: nin máis nin menos que 206 millóns de interaccións no último ano; un 33% máis que o anterior. A Coruña ocupa o primeiro posto na clasificación galega, con 100 millóns de solicitudes, e séguena Pontevedra, Lugo e Ourense. No que respecta ao crecemento respecto do ano anterior, a cidade herculina tamén lidera a lista, cun 34% máis de interaccións en 2022. Así o trasladaron fontes de Amazon nunha rolda de prensa celebrada esta mañá na Coruña.

“Os usuarios galegos utilizan Alexa cada vez máis e en máis variedade de ocasións. A asistente de voz axúdaos nas tarefas do día a día, en preparar a lista da compra do supermercado, xestionar os seus dispositivos de fogar dixital, ou para relaxarse ou entreterse. Todo isto fainos confiar en que estamos no camiño correcto”, comenta Andrés Pazos, integrante do equipo de Alexa en España.

Publicidade

Segundo os datos que ofreceu a compañía estadounidense, Alexa chegou a España hai catro anos. Durante o último ano, os galegos déronlle os bos días a Alexa máis de medio millón de veces. Tamén lle desexaron as boas noites en máis de 125.000 ocasións e déronlle as grazas outro medio millón. Ademais, os usuarios consultaron noticias a través de Alexa en máis dun millón de ocasións. Igualmente, houbo cinco millóns de solicitudes para coñecer a previsión do tempo e os galegos que usan Alexa programaron recordarios en case medio millón de ocasións no último ano. Por exemplo, para lembrar a cita da ITV ou sacar a roupa da lavadora.

O fogar dixital

En Galicia, os usuarios tamén botan man de Alexa para xestionar os seus fogares intelixentes. En concreto, no último ano rexistráronse 27 millóns de interaccións vinculadas ao fogar dixital, como peticións a Alexa para acender ou apagar as luces ou regular o termostato, por exemplo, dicindo: Alexa, sobe a temperatura a 20 graos. Alexa tamén ten unha funcionalidade, as Rutinas, que serve para automatizar tarefas do día a día, como dar as noticias, acender as luces ou activar a cafeteira. No último ano, os usuarios galegos activaron 29 millóns de rutinas.

Xestión do tempo

En Galicia, no último ano, programáronse case tres millóns de temporizadores e 3 millóns e medio de alarmas. De feito, aumentou o uso destas funcionalidades nun 54% respecto ao ano anterior. Así mesmo, Alexa empregouse para facer a lista da compra, con preto de dous millóns de produtos que os usuarios galegos engadiron á lista da compra a través da asistente de voz.

No que respecta á música, en Galicia reproducíronse máis de 10 millóns e medio de horas de música a través de Alexa. A canción máis demandada polos usuarios, coincidindo coa do resto de España, foi Tacones Rojos, de Sebastián Yatra e, entre os artistas máis pedidos, están as Tanxugueiras. No que respecta á comunicación, realizáronse máis de medio millón de chamadas a través de Alexa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha campaña de doazón de voz recollerá as variedades fonéticas e dialectais de Galicia

O obxectivo é acadar as máis de 1.000 horas de gravación precisas para que dispositivos como Siri, Alexa ou Google recoñezan as distintas cadencias lingüísticas

O galego é a lingua cooficial cun menor desenvolvemento de tecnoloxía lingüística

Un informe de atlanTTic, incorporado ao European Language Equality, revela a brecha “crítica” respecto ao catalán e o éuscaro en recursos con datos multimedia ou do ámbito da saúde

Espíanos Alexa? Riscos (e vantaxes) dunha sociedade hiperconectada

Informáticos e investigadores analizan a perda de privacidade derivada de Internet e as novas tecnoloxías

Así funciona WebTv, o aparello que provocou a detención do fundador de Blusens

O dispositivo, que chegou a estar entre os máis vendidos de Amazon, conectaba a televisión a internet para visualizar todo tipo de contidos