Unha campaña de doazón de voz recollerá as variedades fonéticas e dialectais de Galicia

O obxectivo é acadar as máis de 1.000 horas de gravación precisas para que dispositivos como Siri, Alexa ou Google recoñezan as distintas cadencias lingüísticas

O reitor da Universidade de Santiago (USC), Antonio López, e o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, presentaron este martes na aula CEMIT de Porto do Son a campaña AgasallaNós de doazón de voz para o Proxecto Nós. Trátase dunha iniciativa na que a USC colabora coa Xunta de Galicia e que permitirá recoller a variedade fonética e dialectal de Galicia para permitir que dispositivos como Siri, Alexa ou Google recoñezan as distintas cadencias lingüísticas do galego.

A finalidade desta campaña é crear un rexistro o máis variado posible e para iso é preciso contar cunha gran cantidade de xéneros, idades e variedades dialectais. Para conseguilo, este martes recolléronse mostras vocais de xeito presencial na proba piloto habilitada na aula CEMIT de Porto do Son. Ademais, pode facerse tamén de xeito telemático a través do novo espazo web doagalego.nos.gal creado para esta iniciativa, na que está integrada a ferramenta Common Voice, a aplicación de referencia a nivel mundial para a recollida de voces para o seu uso en materia de tecnoloxías lingüísticas. A meta da campaña é acadar as máis de 1.000 horas de gravación precisas para garantir que o software recoñecedor de voz funcione sen problemas.

Publicidade

Na vangarda das tecnoloxías intelixentes

O conselleiro Román Rodríguez agradeceu a implicación da USC nesta campaña, así como a colaboración de todas as universidades públicas no desenvolvemento do Proxecto Nós, o apoio tecnolóxico da Amtega, cuxo director, Julián Cerviño, estivo tamén no acto deste martes, e o compromiso de María Baqueiro, xestora do Proxecto Nós, e os profesionais da Consellaría, nun “proxecto clave para Galicia e a lingua galega”.

O Proxecto Nós: O galego na sociedade e na economía da Intelixencia Artificial está a xerar os recursos necesarios para colocar o galego na vangarda das tecnoloxías intelixentes, nomeadamente naquelas áreas relacionadas coas tecnoloxías lingüísticas e, de modo xeral, na sociedade e economía da intelixencia artificial. Dentro do proxecto compílanse recursos e desenvólvense ferramentas de alta calidade para o procesamento automático do galego, tanto oral como escrito. Ademais, produciranse demostradores de carácter xeral que permitirán mostrar as posibilidades dos ditos recursos e desenvolveranse casos de uso de alto impacto socioeconómico en diferentes contextos.

Publicidade

Os recursos desenvolvidos en Nós serán de libre acceso por terceiras persoas, o que vai permitir e facilitar o desenvolvemento de produtos e servizos finais baseados na lingua galega, por parte das empresas, institucións e organizacións, tanto públicas como privadas, que así o desexen. O proxecto encádrase dentro das estratexias galega, española, e europea orientadas ao desenvolvemento de tecnoloxías, ferramentas e aplicacións para a proxección e uso das linguas nos ámbitos de aplicación da intelixencia artificial. O Proxecto Nós é un proxecto da Xunta de Galicia cuxa execución foi encomendada á USC, a través do ILG e o CiTIUS.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

GCiencia xa se pode engadir como fonte preferida en Google: como ver máis ciencia galega nas túas buscas

O buscador permite agora que o xornalismo científico de calidade gañe peso fronte aos medios xenéricos nos teus resultados

Unha nova ferramenta pública creada dende a USC analiza a evolución dos dereitos dixitais na rede

A plataforma DigiTrack, desenvolvida polo CiTIUS, permite identificar tendencias, analizar contidos e comprender o impacto social da conversación en liña sobre liberdades fundamentais

Entre o “Teño, teño” e o “Carallo!”: a linguaxe da dor en Galicia (e en galego)

Dous documentos testemuñais de finais do século XX recompilan as expresións populares empregadas por pacientes para describir o seu malestar

Froallo, xistra ou trebón: estas son as 100 palabras en galego para falar da chuvia

A filóloga Elvira Fidalgo documentou unha ampla variedade de denominacións rexistradas en máis dun cento de localidades do noroeste peninsular