Un novo sistema galego predí recaídas en pacientes con cancro de colon e mama

O modelo é capaz de identificar automaticamente células tumorais circulantes en mostras de sangue

Un novo sistema baseado na intelixencia artificial é capaz de detectar e predicir posibles recaídas en pacientes que tiveron cancro de colon ou mama. Este modelo naceu ao abeiro do proxecto Persist, capitaneado polo centro tecnolóxico galego Gradiant. O equipo desenvolveu este sistema e ao longo de tres anos e nos próximos días presentarán os seus primeiros resultados clínicos. A clave do seu deseño está no uso de imaxes de biopsias líquidas para detectar células tumorais circulantes. En Persist participaron catro hospitais de España, Bélxica, Eslovenia e Letonia; así como 160 pacientes con cancro e 32 profesionais sanitarios. O Centro Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) foi o centro de referencia en España.

Máis polo miúdo, este sistema é capaz de detectar automaticamente células tumorais circulantes en mostras de sangue. Polo tanto, trátase dun biomarcador que pode axudar a predicir recaídas en pacientes que xa superaron un cancro, ou metástase en pacientes cun tumor activo. Actualmente este método non se utiliza na práctica habitual debido á complexidade da ánalise das imaxes ao microscopio. Unha barreira que, a través da innovación de Gradiant, xa se pode superar.

Publicidade

No estudo participaron 160 pacientes con cancro de catro centro hospitalarios europeos

“O proxecto Persist permitiu ter unha mellor comprensión das implicacións que ten a supervivencia de cancro, tanto para os propios superviventes, como para o sistema sanitario e os seus profesionais. Ademais, demostrou como a tecnoloxía pode apoiar modelos de coidado que poñan o paciente no centro, o apoderen para participar activamente no proceso, e permitan un mellor seguimento e definición dunha estratexia clínica personalizada para cada supervivente de cancro”, explica Alberto Sánchez, responsable de eSalud en Gradiant e coordinador de Persist.

Baseándose na intelixencia artificial para a captura e estandarización de datos de cada paciente, o sistema desenvolvido apoia a toma de decisión dos oncólogos para o diagnóstico precoz da recorrencia do cancro. Desta maneira, os profesionais poden personalizar a estratexia terapéutica e reaccionar de forma temperá ante calquera risco para o paciente. O obxectivo de Persist baséase en apoiar a mellor estratexia de seguimento e intervención, apoderar os pacientes a que participen no seu propio coidado e promover a súa saúde emocional na loita contra o medo a recaer e a non ser detectados a tempo en atención primaria ou no seguimento co seu oncólogo.

Publicidade

A captura de datos do sistema Persist inclúe a integración de datos da historia clínica de cada paciente; datos en tempo real que o propio doente rexistra mediante unha aplicación móbil e a interacción con vídeo e voz.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do cambio climático ao cancro: como loita o castiñeiro galego pola súa supervivencia

Seis especies de fungos e insectos poñen en risco as poboacións de 'Castanea sativa' e o motor económico da castaña, clave na provincia de Ourense

Un equipo galego recibe 450.000 euros para crear unha terapia contra o cancro gástrico

A Asociación Española Contra o Cancro da Coruña financia seis proxectos do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago para fomentar os estudos oncolóxicos
00:05:34

A conexina 43 e a esperanza contra o cancro: o novo avance do CINBIO desde Galicia

Os investigadores empregan nanopartículas naturais como cabalos de Troia para frear a expansión das células malignas

Galicia avanza cara un composto innovador con eficacia contra as células nai do cancro

O proxecto MEDICS do CIQUS, inicialmente apoiado polo programa Ignicia da Xunta de Galicia, desenvolve terapias innovadoras de baixa toxicidade para tratar tumores como os de colon ou páncreas