“Os ceos para entendidos”, de novo no Planetario da Casa das Ciencias

As sesións presenciais inclúen a observación do ceo do mes e unha "postal planetaria" do divulgador Borja Tosar

Os afeccionados á astronomía están de parabén. O Planetario da Casa das Ciencias da Coruña recupera as sesións presenciais de “O ceo para entendidos”, despois dunha longa suspensión da actividade en directo por mor da pandemia do Covid-19.

A primeira sesión deste ciclo recuperado permitiu ao público coñecer detalles da observación do ceo en agosto e profundar no coñecemento do universo co astrofísico e divulgador Borja Tosar, quen presentou unha “postal planetaria” con imaxes do telescopio espacial James Webb (JWST), que abre unha nova era na astronomía.

Publicidade

As citas son sempre o último sábado do mes. As sesións van dirixidas a un público con coñecementos previos de astronomía, afeito a observar o ceo nocturno. A entrada é gratuíta, mais é necesario retirar unha invitación na recepción dá Casa dás Ciencias. As invitacións repartiranse (máximo de dúas invitacións por persoa) media hora antes do inicio dá sesión, ata completar o aforo

Lúa chea o 12 de agosto

Que podemos atopar se miramos ao ceo en agosto? No calendario podemos marcar varias citas: a lúa chea do 12 de agosto; as Perseidas, cuxo pico  e máxima actividade será na noite do 12-13 de agosto-, aínda que quedarán agochadas pola luz da super-lúa, ou a aliñación dos planetas Saturno e Xúpiter.

Publicidade

Porén a choiva de estrelas non se limitan a unha xornada, as Perseidas poden observarse nas semanas previas e posteriores ao seu momento álxido polo que afeccionados á astronomía e curiosos terán varias oportunidades para velas.

Ademais quen estea atento poderá gozar, o 12 de agosto, da “ilusión lunar”, o efecto óptico polo que  percibimos a lúa dun tamaño moito máis grande cando está preto do horizonte. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns